Malia finar días antes da data prevista para a súa recepción como membro de número da Academia, o ourensán Manuel Núñez González (1865-1917) deixou escrito o seu discurso de ingreso: La Compañía Gallega.
Logo de se licenciar en Dereito pola universidade compostelá, Manuel Núñez González pasou a exercer como rexistrador da propiedade no seu Ourense natal, e a colaborar tamén nas páxinas do xornal O Tío Marcos da Portela, dirixido por Valentin Lamas Carvajal, onde deu ao prelo as súas primeiras composicións líricas, moitas veces asinadas so o pseudónimo Ma-Nu-Gon. Parte da súa produción poética, espallada noutros xornais da época, aparece reunida no monográfico Salayos (1895) que se pode consultar nesta ligazón da nosa biblioteca virtual Clásicos do século XIX.
http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2
Manuel Núñez González (1865-1917)
Manuel Núñez González (1865-1917)
Poblada soledad es hoy el mundo.




