Casa de Reboreda (Redondela)

Investigación de xenealoxías
Responder
Anonimous

Casa de Reboreda (Redondela)

Mensaje por Anonimous »

D.GARCÍA PREGO DE MONTAOS, fundador da casa de Reboreda, fillo de Álvaro Prego de Montaos e de María Alvarez Troncoso de Lira y Sotomayor, casou con Dª.María Fernández de Sotomayor.

O seu fillo e sucesor, nacido antes do matrimonio, casou con unha muller cuios apelidos eran DE ZETA Y ALDAO,

e o fillo e sucesor destes casou con Dª.MENCÍA PEREIRA DE CASTRO Y AVALLE,

e o fillo e sucesor destes últimos con Dª.CATALINA PEREIRA DE CASTRO,

tendo por filla e sucesora e polo tanto V señora da Casa de Reboreda Dª.ANTONIA TERESA PREGO DE MONTAOS Y SOTOMAYOR, casada con D.DIEGO DE ARAUJO OZORES Y SOTOMAYOR, señor da Casa de Amieirolongo, que andando o tempo sería cura de Reboreda...

a súa filla Dª.JUANA DE ARAÚJO Y PREGO DE MONTAOS, sucedeu na casa e casou con D.JOSÉ FÉLIX PEREIRA DE CASTRO Y MOSCOSO, señor da Casa de Grixó, fillo do capitán de milicias D.Álvaro Pereira de Castro Ulloa y Moscoso e de Dª.Gregoria Josefa de Puga Quiñones y Araújo.

Tiveron por fillo e sucesor ó VII señor da Casa de Reboreda, señor de Amieirolongo, como tamén o fora a súa nai, e outras...e tamén señor da Casa de Grixó que herdara polo pai. D.BERNARDINO JOSÉ PEREIRA ARAÚJO, que foi casar nada menos que con Dª.MARÍA CONSTANZA MOSQUERA Y SOMOZA, filla da casa de Vilariño, e sobriña-neta do I Conde da Torre de Penela, o que casara cunha neta dos Condes da Gomera, como neta paterna que era de Dª.Constanza de Oxea Ulloa e do señor da Casa de Vilariño. Pola nai, señora do coto de Saa era filla dun Somoza y Varela, e de Dª.María Saavedra, ésta do pazo de Toirán. Foron os VII señores de Reboreda pais do VIII,

chamado D.JUAN MANUEL PEREIRA MOSQUERA, que casou de 1as nupcias con Dª.JUANA MARÍA DE CASTRO Y SALGADO, filla da casa de Guimeráns(no Morrazo) e de 2as con Dª.MANUELA RODRÍGUEZ DE AVALLE, da de Arcos. Tivo cando menos un fillo do 1º matrimonio, e do 2º polo menos a D.Ignacio Manuel e a Dª.María Constanza de los Dolores. Ésta bautizada en Reboreda en 1779.
Anonymous

CASA DE REBOREDA(Líña directa)

Mensaje por Anonymous »

Hola hace un tiempo deje un mensaje.
MI abuelo era de Pontevedra su nombre Manuel Troncoso
m abuela de la Coruña Casimira Buceta.
en estos día tendre mas datos que pondre para ver si pudo contactarme con algun familiar y cumplir con el sueño de mi padre Carlos jose Troncoso fallecido sin ver el milagro de la internet.
Muchas gracias.
Avatar de Usuario
Alfonso
Novo
Novo
Mensajes: 10
Registrado: 24 Nov 2003, 09:00
Contactar:

Fe de erratas.

Mensaje por Alfonso »

O I Conde da Torre de Penela casou cunha bisneta dos Condes da Gomera(arriba puxera neta)....Asdo:Breo.
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Pereira de Castro

Mensaje por Milleiro »

PEREIRA DE CASTRO (Redondela)

I XERACIÓN
Xoán Pereira de Castro, casou con Marta Miguez. Viciños de Redondela

II XERACIÓN
Xoán Pereira de Castro e Míguez, casou con Caetana da Nogueira e dos Santos, filla de Santiago da Nogueira e Maria dos Santos Pérez...viciños de Reboreda.

III XERACIÓN
Carlos Vicente Xulián Pereira de Castro da Nogueira, nado en Redondela no 1761.

NOTA:
1. No pazo da Torre-Cedeira, na freguesia de San André de Cedeira (Redondela), figura un brasón dos Pereira de Castro que derivan da Casa dos Falcón (Castrelos-Vigo).
2. No Pazo de Reboreda (Redondela), atopa-se outro brasón desta liñaxe, concretamente na Igrexa do pazo.
3. No pazo de Alhóndiga, na vila de Redondela, aparece o brasón da liñaxe xunto coas armas dos Prego de Montaos.
Samuel c o castro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 182
Registrado: 15 Jun 2009, 13:24

Re: Pereira de Castro

Mensaje por Samuel c o castro »

Milleiro escribió: - Xoán Pereira de Castro, casou con Marta Miguez. Viciños de Redondela.
Prezado Milleiro,

Caso souberes a ascendíªncia do Xoán Pereira de Castro e puder me informar, fico-lhe muito grato.

Agradeí§o uma atení§í£o. Fraterno abraí§o.

Samuel de Castro
Intereí§o-me por dados genealógicos de todos os ramos da famí­lia Castro.
Samuel c o castro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 182
Registrado: 15 Jun 2009, 13:24

Re: Casa de Reboreda (Redondela)

Mensaje por Samuel c o castro »

Prezado Anonimous,

Sobre as pessoas que citaste:

"e o fillo e sucesor destes casou con Dª.MENCÍA PEREIRA DE CASTRO Y AVALLE,

e o fillo e sucesor destes últimos con Dª.CATALINA PEREIRA DE CASTRO"

Por acaso tens a ascendência da Mencía e da Catalina, que pudesse fazer a gentileza de aqui expor?

Agradeço sua atenção. Abraço fraterno.

Samuel de Castro
Intereí§o-me por dados genealógicos de todos os ramos da famí­lia Castro.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Casa de Reboreda (Redondela)

Mensaje por serba »

Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder