Brión (A Coruña), 19 de decembro de 2014.- O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, asistiu hoxe á inauguración da exposición ‘Brión en fotos: unha memoria visual do século XX’, na que se amosan as fotografías que serviron de base para a elaboración do libro ‘Brión en Fotos’.
O libro é o resultado final do proxecto levado a cabo pola asociación cultural e medioambiental ‘O Esquío no Piñeiro’, que foi financiado integramente pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado a través do programa Iniciativa Xove.
O proxecto consistiu na recompilación, mediante o traballo colaborativo dos mozos e mozas participantes, de 160 fotografías antigas que recollen a memoria histórica e as mudanzas do Concello de Brión e das súas xentes ao longos dos últimos cen anos e que se gardaban no ámbito familiar.
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... rion-marco
Libro: "Brión en fotos"
Libro: "Brión en fotos"
Poblada soledad es hoy el mundo.




