O almirante e poeta pontevedrés Paio Gómez Chariño.1225-1295

Todo sobor das armas dos persoeiros e as súas liñaxes
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

O almirante e poeta pontevedrés Paio Gómez Chariño.1225-1295

Mensaje por serba »

Sartego de Paio Gómez Chariño no mosteiro de San Francisco de Pontevedra.http://www.realacademiagalega.org/image/image_gallery?uuid=f5e7821f-de43-4c58-9f74-d7efe6d802c7&groupId=10157&t=1423656513091 Nado no seo dunha familia da pequena nobreza pontevedresa, Paio Gómez exemplifica á perfección a figura icónica do home de armas e de letras medieval. Protagonista dunha brillante e ascendente carreira militar, dirixiu a armada castelá na conquista de Sevilla en 1248 e noutros episodios militares menores polos que foi premiado cos cargos de Almirante do Mar, Meiriño Maior de Galicia e Señor da Vila de Rianxo, entre outros.
Paio Gómez Chariño tivo, ademais, unha participación activa no convulso escenario político dos reinos de León e Castela do século XIII, servindo nas cortes dos reis Fernando III, Alfonso X e Sancho IV e nas guerras de sucesión dinástica que seguiron á morte deste último, no transcurso das cales sería el mesmo asasinado en 1295.
Autor de 28 composicións recollidas nos tres cancioneiros medievais, a cantiga de amigo que reproducimos máis abaixo está tirada do libro Cancionero de Payo Gómez Chariño, almirante y poeta (Siglo XIII), publicado por Armando Cotarelo Valledor en 1934.
http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D3
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder