Galegos no "Real Seminario de Nobles de Madrid"

Investigación de xenealoxías
Responder
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Galegos no "Real Seminario de Nobles de Madrid"

Mensaje por Pousada »

No Arquivo Histórico Nacional consérvanse os expedentes feitos a aquelas persoas que entraron no Real Seminario de Nobres de Madrid. O dato é de interese porque no Portal de Arquivos Estatais, PARES, pódense consultar estes documentos, que conteñen datos e filiacións xenealóxicas, en papeis xa dixitalizados en consultables en liña.

Os estractos dos documentos van como seguen:

Irmáns Flórez Villamil
(Archivo Histórico Nacional,UNIVERSIDADES,664-3,Exp.29)
(Archivo Histórico Nacional,UNIVERSIDADES,664-3,Exp.27)

I XERACIÓN
Francisco Gregorio Flórez Villamil, casado con Agustina Benita Méndez de Vigo, veciños de Santa María de Vega (Asturias), pais de:

II XERACIÓN
Manuel Flórez, casado con María de las Nieves Andrés García, veciños de Santiago, freguesía de San Benito do Campo. Ela era filla de Miguel de Andrés García y Moreda e de María de la Concepción Pérez Santamaría y Flores, tamén de San Benito do Campo. Foron pais de:

III XERACIÓN
Rafael Juan de Dios Santiago Felipe Flórez Villamil, bautizado en San Benito do Campo, en Santiago, o 24 de xullo de 1818.
Ramón María Mauricio Jacobo Flórez Villamil, bautizado en San Benito do Campo o 22 de setembro de 1819.
Miguel León Jacobo Flórez Villamil, bautizado en Santiago de Carril (Vilagarcía de Arousa) o 29 de xuño de 1822.
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Re: Galegos no "Real Seminario de Nobles de Madrid"

Mensaje por Pousada »

Tomás Ibarrola Vázquez
(Archivo Histórico Nacional,UNIVERSIDADES,666-1,Exp.3)


I XERACIÓN

Santiago Ibarrola y Laguno, natural de Zuaza de Ayala casado con Benita Laiseca Villar, natural de Irazagorría, pais de:

II XERACIÓN
Antonio Ibarrola Laiseca, natural de Irazagorría (Biskaia), casado con Josefa Vázquez Orduña, natural de Badaxoz, filla do rexedor perpetuo de Badaxoz José Vázquez Triñón e de María Dolores Orduña González. Foron pais de:

III XERACIÓN
Tomás José Alejandro Ibarrola Vázquez, bautizado o 20 de setembro de 1818, na Colexiata de Vigo, xurisdicción castrense.
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Re: Galegos no "Real Seminario de Nobles de Madrid"

Mensaje por Pousada »

Joaquín Llorente de la Maza
(Archivo Histórico Nacional,UNIVERSIDADES,666-3,Exp.55)

I XERACIÓN
Jorge Llorente de Santiago, natural de Matute, casado con Manuela de Araújo, foron pais de:

II XERACIÓN
Jacobo Llorente de Araújo, veciño de Pontevedra, alcalde e xustiza ordinaria desta vila, casado con María Luisa Oviedo, sendo pais de:

III XERACIÓN
Rafael Llorente Oviedo, Marqués de Astariz, Vizconde de Gondar, Alcalde e xustida ordinaria, procurador xeral síndico, casado con Magdalena de la Maza, filla de Andrés de la Maza, rexidor, alcalde e xustiza ordinaria de Pontevedra, e de Josefa Francisca Somoza; neta paterna de Clemente Bermúdez de la Maza, rexedor e alcalde de Pontevedra, e de Magdalena de Pazos de Probén. Foron pais de:

IV XERACIÓN
Joaquín Llorente de la Maza.
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Re: Galegos no "Real Seminario de Nobles de Madrid"

Mensaje por Pousada »

Antonio Montenegro Tavares
(Archivo Histórico Nacional,UNIVERSIDADES,667,Exp.102)

I XERACIÓN
Antonio José Montenegro Lemos Sotomayor
, casado con Ana María Correa de Mendoza, veciños de Tui.

II XERACIÓN
Antonio Manuel Montenegro Correa Lemos Sotomayor
, casado con María Antonia Ventura Tavares Oca Sotomayor, fregueses da Santa Igrexa Catedral de Tui. Filla de Benito Tavares de Mendoza e de Leonor Beloso Novoa, Señores da Casa do Pazo de Castrelos. Foron pais de:

III XERACIÓN
Antonio Micael Dionisio Esteban José Benito Gaspar Ciprián Manuel de Santa María Montenegro Tavares
, bautizado o 14 de xaneiro de 1741 na Santa Igrexa Catedral de Tui.
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Re: Galegos no "Real Seminario de Nobles de Madrid"

Mensaje por Pousada »

Naharro Párraga, Antonio
Archivo Histórico Nacional,UNIVERSIDADES,668,Exp.1

I XERACIÓN
Mateo Miguel Naharro
, Barón de Casa Goda, casado con María Manuela Arroyo Fernández de la Águila. Foron pais de:

II XERACIÓN
Ventura Naharro
, Barón de Casa Goda, veciño da Corte de Madrid, defunto, e de Juana Ozores Ponce de León, natural de Santiago, filla de Juan Antonio Ozores Silva, Conde de Priegue, e de Manuela Ponce de León. Foron pais de:

III XERACIÓN
Juan Bautista Juan Bautista Pablo Antonio Ramón Fausto Mariano Naharro Ozores Ponce de León
, bautizado en San Martín de Madrid o 1 de xullo de 1785, Barón de Casa Goda, Tenente Coronel do rexemento provincial, casado o 8 de xuño de 1814 en Mourente, Pontevedra con María Martina Andrea de Párraga Acuña; bautizada en San Martiño de Salcedo, en Pontevedra, o 16 de novembro de 1793, filla de Jacobo de Párraga Gayoso, Tenente Coronel do rexemento provincial de Tui, e de Andrea Acuña Malvar; neta paterna de José de Párraga e de María Teresa Gayoso, naturais de Santiago de Vigo; e neta materna de Ignacio Acuña e de María de Malvar Pinto (irmá do Arcebispo de Santiago e Bos Aires, Sebastián de Malvar)

IV XERACIÓN
Antonio Luís Eusebio Juan Andrés Naharro Párraga
, bautizado o 24 de xuño de 1817 na Colexiata de Santa María de Vigo pola xurisdicción castrense.
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Re: Galegos no "Real Seminario de Nobles de Madrid"

Mensaje por Pousada »

Pardo de Figueroa Sarmiento, Baltasar
Archivo Histórico Nacional,UNIVERSIDADES,669,Exp.16

I XERACIÓN
Baltasar Manuel Pardo de Figueroa
, Marqués de Figueroa, rexedor perpetuo de Betanzos, Coruña e Lugo, casado con Ana Jacoba de Valladares Sarmiento Córdoba Lanzós Andrade Yáñez de Noboa Lemos Mariño de Lobera, Condesa de Fefiñáns. Foron pais de:

II XERACIÓN
Francisco Javier Pardo de Figueroa Duque de Estrada Valladares Sarmiento Córdoba Lanzós Andrade Yáñez de Noboa y Lemos Mariño de Lobera
, Conde de Fefiñáns, casado con María Josefa Sarmiento de Sotomayor Prego de Montaos Ozores Mariño de Lobera Sarmiento Correa ¿Alzasi? y ¿Bozu?, Señora de Petán. Filla de Francisco de Borja Sarmiento de Sotomayor e de María Josefa Correa de Sotomayor. Foron pais de:

III XERACIÓN
Baltasar Manuel María de los Dolores Luís Gonzaga Venancio Pardo de Figueroa Sarmiento
. Bautizado o 1 de abril de 1773 en Santa María a Maior de Pontevedra.
Avatar de Usuario
José Luis
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 213
Registrado: 20 Oct 2002, 09:00
Ubicación: Buenos Aires

Re: Galegos no "Real Seminario de Nobles de Madrid"

Mensaje por José Luis »

[...] con María Josefa Sarmiento de Sotomayor Prego de Montaos Ozores Mariño de Lobera Sarmiento Correa ¿Alzasi? y ¿Bozu?, Señora de Petán. Filla de Francisco de Borja Sarmiento de Sotomayor e de María Josefa Correa de Sotomayor.

En realidad d'Alsace "de Boussu", la madre de María Josefa Sarmiento de Sotomayor etc. era, como está aclarado, María Josefa (apellidos variables, más comunmente, Correa Sarmiento de Quirós y Sotomayor), cuya madre era Catalina Samiento de Quirós, II marquesa de Mos, etc., cuya madre era la flamenca Marie Bernarde dite "d'Alsace" de Hénin-Liétard, hija a su vez de Eugène de Hénin-Liétard, marquis de Vere, etc. comte de Boussu, etc., chevalier de l'Ordre de la Toison d'Or, etc, y de S.A.S, Anne Isabelle Catherine de Ligne-Arenberg, princesse de Chimay et d'Arenberg.

Saludos,

José Luis.
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Re: Galegos no "Real Seminario de Nobles de Madrid"

Mensaje por Pousada »

Graciñas, José Luís; resólvese así o misterio dos apelidos foráneos...

Eu prosigo eiquí co resto das xenealoxías atopadas neste Real Seminario de Nobres de Madrid, e que seguirei subindo pouco a pouco...

Irmáns Armesto Zubieta
Archivo Histórico Nacional,UNIVERSIDADES,661

I XERACIÓN
D. Nicolás Armesto
, casado con D.ª Tomasa Martínez, veciños de Santiago. Foron pais de:

II XERACIÓN
D. José Armesto Martínez
, casado con D.ª Juana Zubieta Aguayo, veciños de Santa María Salomé de Santiago de Compostela. Filla de D. Juan Zubieta , natural de Ferrol, e de D.ª María del Carmen Aguayo, de Santiago. Foron pais de:

III XERACIÓN
D. Nicolás Antonio Felipe Santiago Armesto Zubieta
, natural de Padrón, bautizado en Santiago de Padrón o 1 de maio de 1816.
D. Juan Bautisma José María Armesto Zubieta, bautizado en Santiago de Padrón o 5 de xullo de 1817.
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Re: Galegos no "Real Seminario de Nobles de Madrid"

Mensaje por Pousada »

Bermúdez de Castro, José Gaspar
Archivo Histórico Nacional,UNIVERSIDADES,662,Exp.28

I XERACIÓN
D. Juan Antonio Bermúdez de Gondar Castro y Sotomayor
, Señor da Casa de Gondar e vasalaxes de Xeve, Gondar e agregados. Casou con D.ª Gertrudis Faxardo y Andrade, Señora do vasalaxe de Silán e San Pantaleón. Foron pais de:

II XERACIÓN
Diego Luís Bermúdez de Gondar
, Señor da Casa de Gondar e vasalaxes de Xeve, Gondar e agregados. Casado con D.ª María Ignacia Taboada Mariño, Señora da vasalaxe de Rañestres. Filla de D. Gonzalo Taboada Mariño, Señor da vasalaxe de Rañestres, veciño de Pontevedra, e da súa dona D.ª Paula María Proaño Rojas, natural de Segovia. Foron pais de:

III XERACIÓN
D. José Gaspar Agustín Antonio Bernardo Ramón Bermúdez de Gondar
, bautizado en Santa María do Azougue, en Betanzos, o 6 de xaneiro de 1724.
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Re: Galegos no "Real Seminario de Nobles de Madrid"

Mensaje por Pousada »

Bermúdez Rivadeneira, Joaquín
Archivo Histórico Nacional,UNIVERSIDADES,662,Exp.27

I XERACIÓN
D. Pedro Bermúdez
, casou con D.ª Antonia Pardiñas Villardefrancos, veciños de Ferrol. Foron pais de:

II XERACIÓN
D. José María Bermúdez Pardiñas
, Señor de Xubia, Caranza, Villardefrancos, Otero de Lamas, Casa de Mandiás, casado con D.ª María Gerónima Ribadeneira de Navia Bolaño, filla de D. Francisco Manuel Ribadeneira e de D.ª Antonia Francisca de Navia Bolaño. Foron pais de:

III XERACIÓN
D. Joaquín María José Francisco Javier Ramón Vicente Canuto Bernardo Bermúdez Pardiñas Ribadeneira
, bautizado o 22 de xaneiro de 1753 en Santa Cecilia de Trasancos.
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Re: Galegos no "Real Seminario de Nobles de Madrid"

Mensaje por Pousada »

Blanco Freire, Tomás
Archivo Histórico Nacional,UNIVERSIDADES,662,Exp.33

I XERACIÓN
D. Francisco Blanco Cicerón
, casou con D.ª Antonia Francisca Freire Saavedra, pais de:

II XERACIÓN
D. Tomás Blanco Cicerón Saavedra
(Cabaleiro da Orde de Carlos III), Coronel de Infantería do Consello da Súa Maxestade, casou con D.ª María Josefa Pardo Pimentel, filla de D. José María Pardo Sobrado e de D.ª María Lorenzo y Pimentel, veciños de Lugo. Foron pais de:

III XERACIÓN
D. Tomás Miguel Higinio María del Carmen Blanco Cicerón Pardo
, bautizado na Santa Igrexa Catedral de Tui o 12 de xaneiro de 1818
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Re: Galegos no "Real Seminario de Nobles de Madrid"

Mensaje por Pousada »

Carasa Figueroa, Rafael de
Archivo Histórico Nacional,UNIVERSIDADES,663,Exp.29

I XERACIÓN
D. Manuel de Carasa
e D.ª Catalina de Yrurzun, veciños de Mendavia, en Pamplona

II XERACIÓN
D. Fermín de Carasa Eraso
, Tenente de Fragata da Real Armada, natural de Pamplona, casou con D.ª Josefa de Figueroa Prado, natural de Coruña; filla de D. José Benito Figueroa Prado, oidor da Real Audiencia, en Coruña, do Consello da Súa Maxestade, natural de Santiago, e de D.ª María Francisca de Codercq, oriunda de Pontevedra. Foron pais de:

III XERACIÓN
D. Rafael José Ramón Benito de los Dolores de Carasa Figueroa
, bautizado o 28 de agosto de 1759 en San Xián de Ferrol.

(Consérvase tamén o expedente polo que D. Fermín de Carasa Irurzun foi nomeado cabaleiro de Santiago, polo que sabemos que os seus avós paternos foron D. Pedro de Carasa e D.ª Ambrosia de Eraso, naturais de Mendavía e Allo, e os seus avós maternos, D. Miguel de Irurzun e D.ª Juana María García de Dicastillo, de Mañero)
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Re: Galegos no "Real Seminario de Nobles de Madrid"

Mensaje por Pousada »

Castro Mata, Andrés de
Archivo Histórico Nacional,UNIVERSIDADES,663,Exp.59

I XERACIÓN
D. José Joaquín de Castro
, casou con D.ª Antonia Romero; veciños de Barbeitos; pais de:

II XERACIÓN
D. Ramón de Castro Romero
, casado con D.ª María del Carmen de Mata y Mourentán, filla de D. Ramón Sánchez de Mata e de D.ª María Ignacia González de Mourentán, veciños de San Vicente de Carres (en Cesuras, A Coruña). Foron pais de:

III XERACIÓN
Andrés Antonio de Castro y Mata
, bautizado o 7 de decembro de 1812 en San Vicente de Carres (en Cesuras, A Coruña).
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Re: Galegos no "Real Seminario de Nobles de Madrid"

Mensaje por Pousada »

Guazo Calderón, José Ignacio
Archivo Histórico Nacional,UNIVERSIDADES,665,Exp.64

I XERACIÓN
D. Juan Manuel Guazo
, natural de Monzón, en Aragón. Capitán de Infantería e coadxutor de Mestre Racional da Casa e Corte da Súa Maxestade no Principado de Cataluña. Casou coa barcelonesa D.ª Francisca Miralles, resultando pais de:

II XERACIÓN
D. Antonio Guazo Calderón
, nado en Barcelona, Tesoureiro do Reino de Galiza. Casou con D.ª María Antonia de Miranda, natural de Tortosa, en Cataluña, filla de D. Martín Miranda, Director Xeral de utensilios do Exército en Cataluña e de D.ª Teresa Bosch, natural de Tarragona. Foron pais de:

III XERACIÓN
D. José Ignacio Ezequiel de los Dolores Guazo Calderón
, bautizado en San Nicolás de Coruña o 10 de abril de 1754.
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Re: Galegos no "Real Seminario de Nobles de Madrid"

Mensaje por Pousada »

Ibáñez Varela, Ramón
Archivo Histórico Nacional,UNIVERSIDADES,666-1,Exp.25

I XERACIÓN
D. Antonio Raimundo Ibáñez Gastón y Valdés
, Cabaleiro da Orde de Carlos III, casado con D.ª Josefa Acevedo, sendo pais de:

II XERACIAÓN
D. José Ibáñez de Acevedo
, subtenente graduado do Real Corpo de Artilleiría, natural de Ribadeo, marido que foi de Ana Varela Cancela, natural de A Coruña, filla de D. Juan Varela y Villa, Comisario de Guerra do Real Corpo de Artilleiría e da súa dona, D.ª Rosa Cancela y Centeno. Resultaron pais de:

III XERACIÓN
D. Juan María de los Dolores Román Ramón Hermitas Ibáñez Varela
, bautizado o 9 de agosto de 1814 na freguesía de Santiago Apóstol, de A Coruña.
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Re: Galegos no "Real Seminario de Nobles de Madrid"

Mensaje por Pousada »

López Fernández de Angulo, Ramón
Archivo Histórico Nacional,UNIVERSIDADES,666-3,Exp.38

I XERACIÓN
D. Diego López
; casou con D.ª María Alonso, naturais de Malleza, sendo pais de:

II XERACIÓN
D. José Antonio López
, Director dos Paquetes-Correos de Indias, natural de Mallezas (Salas, Asturias); caso con D.ª Ana Jacob Fernández de Angulo, natural de Asturias, filla de D. Pedro Fernández de Angulo e de D.ª María Fernández de Mon, naturais de Ballota (Pravia, Asturias). Resultaron pais de:

III XERACIÓN
D. Ramón Manuel María Pablo del Carmen López Fernández de Angulo
, bautizado o 25 de xaneiro de 1765 na freguesía de San Jorge de A Coruña.
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Re: Galegos no "Real Seminario de Nobles de Madrid"

Mensaje por Pousada »

Lóriga Taboada, Santiago
Archivo Histórico Nacional,UNIVERSIDADES,666-3,Exp.46

I XERACIÓN
D. Domingo Antonio Lóriga
, Coronel Graduado de Infanteiría, casou con D.ª Josefa Reguera (da Casa de Meis). Foron pais de:

II XERACIÓN
D. Antonio Lóriga y Reguera
, Tenente Coronel Graduado de Infanteiría, Capitán do Real Corpo de Artilleiría, posuidor da Casa de Sobrecarreira, en Sigrás; casou con D.ª Rosa Taboada Mondragón, filla de D. Francisco Taboada Gil, Maestre de Campo dos Reais Exércitos, dono da casa de Liñares, e de D.ª María Nicosa Mondragón, da casa de Bacelo. Resultaron pais de:

III XERACIÓN
Santiago Apóstol Antonio Abad Santiago Alfeo Francisco Domingo de Guzmán José María Juan Nepomuceno Ramón Agustín Canuto Lóriga Taboada
, bautizado na freguesía de Santo André Apóstolo de Santiago de Compostela o 19 de xaneiro de 1816.
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Re: Galegos no "Real Seminario de Nobles de Madrid"

Mensaje por Pousada »

Losada Cadórniga, Demetrio
Archivo Histórico Nacional,UNIVERSIDADES,666-3,Exp.47

I XERACIÓN
D. Vicente Losada Cadórniga
, naturla de Santa María do Pao, en Ourense, casou con D.ª Isabel Rodríguez Salgado, sendo veciños da Santiago Apóstolo da Coruña, resultando pais de:

II XERACIÓN
D. Manuel Losada Cadórniga
, Oidor da Real Audiencia do Reino de Galicia, casadp con D.ª María Antonia Garavieta y Entero, filla de D. Julián Garavieta, Administrador de Rentas Unidas e da súa dona, D.ª María Entero, veciños de Santa María Magdalena de Ribadavia. Houberon por fillo a:

III XERACIÓN
D. Demetrio Rafael Losada Cadórniga
, bautizado o 25 de outubro de 1813 na freguesía de Santiago Apóstolo de A Coruña
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Re: Galegos no "Real Seminario de Nobles de Madrid"

Mensaje por Pousada »

Roca de Togores, Juan e Diego
Archivo Histórico Nacional,UNIVERSIDADES,670,Exp.28

I XERACIÓN
D. Juan Roca de Togores y Juan
, casou con D.ª María Teresa Alburquerque y Enríquez de Navarro, resultando proxenitores de:

II XERACIÓN
D. Diego Roca de Togores
, Capitán Graduado de Tenente Coronel, primeiro axudante do Rexemento de Infanteiría de Málaga, natural de Orihuela; casado o 9 de setembro de 1817 en San Xián de Ferrol con D.ª Concepción Salcedo Reguera, natural de Ferrol; filla de D. Blas Salcedo, capitán de navío da Real Armada, e da súa donda, D.ª Ana Reguera Pillado. Houberon por fillos a:

III XERACIÓN
D. Juan Bautista Hipólito Blas Diego Eusebio Roca de Togores
, bautizado o 13 de agosto de 1818 en San Xián de Ferrol.
D. Diego Antonio Francisco de Paula Juan José Blas Roca de Togores, bautizado na Igrexa Colexial de San Nicolás Insigne de Alicante o 18 de febreiro de 1820
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Re: Galegos no "Real Seminario de Nobles de Madrid"

Mensaje por Pousada »

Sánchez Sagrameña, Pedro
Archivo Histórico Nacional,UNIVERSIDADES,671-1,Exp.34

I XERACIÓN
D. Bernardo Sánchez de Sagrameña
, natural de Madrid, casou con D.ª Isabel María Ramírez de Lorenzana, natural de Segovia, sendo proxenitores de:

II XERACIÓN
D. Félix Sánchez de Sagrameña
, Cabaleiro da Orde de Santiago, Coronel de Cabaleiría, Brigadier das Reais Guardias de Corps da Súa Maxestade, tenente do Rey na praza de A Coruña, casado con D.ª María Bernarda de Berasátegui, filla de D. Marcos Antonio de Berasátegui, Deputado Xeral da Casa da Contratación e de D.ª María Magdalena Gallarce y Ugarte. Tiveron por fillo a:

III XERACIÓN
D. Pedro Alcántara Sánchez de Sagrameña
, natural de Madrid.
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Re: Galegos no "Real Seminario de Nobles de Madrid"

Mensaje por Pousada »

Varela Sanjurjo, Agustín
Archivo Histórico Nacional,UNIVERSIDADES,672,Exp.14

I XERACIÓN
D. Martín Varela Becerra
, casou con D.ª María Brígida Sánchez de Vaamonde, veciños de San Cristobo de Mesía; resultaron proxenitores de:

II XERACIÓN
D. Antonio Varela de Vaamonde
; Cabaleiro Maestrente da Real Maestranza de Sevilla, dono das casas de Recelle, Agualada, Milar, Castiñeiras, Grela y Orros, casou con D.ª María del Carmen Sanjurjo y Aguiar, filla de D. Ignacio Sanjurjo Montenegro, tenente de navío da Real Armada, e de D.ª María Josefa Aguiar y Lema, veciños de San Pedro de Crendes. Houberon por fillo a:

III XERACIÓN
D. Agustín Vicente José Ramón María Varela Sanjurjo y Aguiar
, bautizado en San Fiz de Solovio o 21 de febreiro de 1816
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Re: Galegos no "Real Seminario de Nobles de Madrid"

Mensaje por Pousada »

Vila Sánchez, Augusto de
Archivo Histórico Nacional,UNIVERSIDADES,672,Exp.44
(inclúe unha fermosísima árbore xenealóxica)

I XERACIÓN
D. José García de Vila, casou con D.ª Josefa Gómez, sendo pais de:

II XERACIÓN
D. Manuel Antonio García de Vila Gómez, quen casou con D.ª Juana Gabeiras y Lage, filla de D. Luís de Gabeiras y de D.ª María de Lage. Froito deste matrimonio nacería:

III XERACIÓN
D. Juan Andrés García de Vila y Lage, quen foi a casar con D.ª Isabel de la Resurrección López y Pérez, filla de D. José Andrés Martín López y Freire (fillo de D. Manuel López e de D.ª Inés Freire) e de D.ª Dominga Antonia Casal de Pérez (filla de D. José Casal e de D.ª Dominga Pérez). Tivoern por fillo a:

IV XERACIÓN
D. José Antonio de Vila López, natural de Santa María de Sada, que pasou pola vicaría para unirse a D.ª Fermina Antonia Josefa Sánchez de León y Sequeiro, filla de D. Pedro Julián Antonio Sánchez de León y Marchante (fillo de D. Juan Sánchez de León y Paz -fillo de D. Benito Sánchez de León e de D.ª Constanza Pazos Melgarejo- e de D.ª Rosa María Marchante Gallardo -filla de D. Pedro Marchante e de D.ª Leonor Gallardo-) e da súa esposa, D.ª María Ignacia Rita de la Concepción Sequeiro Díaz (filla de D. Roque Antonio Ciprián López de Sequeiro y López -fillo de D. Antonio López Sequeiro e de D.ª María Lorenza López- e de D.ª Elena Isabel Santiago y Díaz -filla de D. José Santiago e de D.ª María Díaz-). Tiveron por fillos a:

V XERACIÓN
1.- D. Fermín José Luís Pedro de Vila y León, bautizado en San Xián de Ferrol o 17 de setembro de 1813.
2.- D.ª Josefa Rita Vila de León.
3.- D.ª Enrica Juana Olaya Vila de León, bautizada o 12 de febreiro de 1818 en San Nicolás de A Coruña.
4.- D. Agustín José María Vila de León, bautizado o 15 de abril de 1819 en San Xurxo de A Coruña.
5.- D.ª Sofía Rita Antonia Vila de León, bautizada o 7 de marzo de 1820 en San Xurxo de A Coruña.
6.- D.ª Eduarda María del Carmen Vila de León.
7.- D. Constantino Félix Vila de León.
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Re: Galegos no "Real Seminario de Nobles de Madrid"

Mensaje por Pousada »

Armesto Queipo de Llano, José Antonio, Manuel Antonio e Francisco Javier
Archivo Histórico Nacional,UNIVERSIDADES,661,Exp.75

I XERACIÓN
D. Gonzalo de Armesto y Ron
, casou con D.ª María Josefa Ordóñez, sendo pais de:

II XERACIÓN
D. Matías Fernando de Armesto y Ron
, dpno das xurisdiccións de Vega de Forcas e Rabaceira (en Lugo), casou con D.ª María Teresa Queipo de Llamo Doriga y Malleza, filla do III Conde de Toreno, D. Fernando Queipo de Llano Jiménez de Arellano e da súa dona, D.ª Emilia Francisca Doriga y Malleza. Tiveron por fillos a:

III XERACIÓN
D. José Antonio Joaquín Pedro del Carmen y de la Cruz
de Armesto Queipo de Llamo, bautizado o 13 de xullo de 1735 en San Nicolás de Villafranca del Bierzo.
D. Manuel Antonio Primo de Armesto Queipo de Llano, bautizado o 16 de xuño de 1738.
D. Francisco Javier Luís José Antonio del Carmen de Armesto Queipo de Llano, bautizado o 2 de setembro de 1742 na mesma de San Nicolás.

Por certo que esta xenealoxía desfai unha dúbida presente en diversas páxinas ao respecto da historia xenealóxica do Condado de Toreno (http://es.wikipedia.org/wiki/Condado_de_Toreno):
Teresa Queipo de Llano y Doriga Malleza. Parece que hubo una hija de este matrimonio llamada Teresa, pero es error —muy difundido— identificarla con otra señora de igual nombre y apellido que casó con Pedro Velarde y Cienfuegos, señor del coto de Linares y de la casa fuerte de Prada en el concejo de Proaza, regidor de Oviedo. La Teresa Queipo de Llano que casó con Pedro Velarde era de la casa de Ardaliz: hija y sucesora de Miguel Queipo de Llano (antes citado como marido de Melchora) y de Catalina Teresa Bernaldo de Quirós, su primera mujer.
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Re: Galegos no "Real Seminario de Nobles de Madrid"

Mensaje por Pousada »

Gayoso Yebra, Miguel
Archivo Histórico Nacional,UNIVERSIDADES,665,Exp.26

I XERACIÓN
D. Manuel de Gayoso y Mendoza
, alcalde maior e máis antigo de Lugo, casado con D.ª Teresa de Lemos. Foron pais de:

II XERACIÓN
D. Alonso Miguel Gayoso Lemos y Mendoza
, señor das xurisdiccións de Guntín, Castelo dos Infantes, Pena de Eira e Vilalvite, quen casou con D.ª Ana de Neira Páramo Montenegro, veciños de Vilafranca. Filla de D. Bernardo de Neira Quiroga y Valledor, dono das xurisdiccións de Cabanas, Proente e Faramontaos, e da súa dona, D.ª Josefa María Páramo Montenegro. Tiveron por fillo a:

III XERACIÓN
D. Juan de Mendoza Gayoso
; casou con D.ª Francisca de Paula Yebra Oca y Pimentel, filla de D. Pedro Isidro de Yebra Pimentel, dono das xurisdiccións de Láncara, Toirán e Santa Lucía, e de D.ª María Josefa de Oca Ulloa y Cadórniga, veciños de Láncara; neta paterna de D. Diego de Yebra Pimentel e de D.ª Ana de Mayorga [así figura o nome no expedente, outras fontes denomínana Antonia], señora da vila de Santa Lucía, do Barrio bajo de Val de Magaz e da torre solar dos Mayorgas, no reino de León; e neta materna de D. Antonio de Oca e de D.ª Francisca Violante de Ulloa, señores das xurisdiccións de Bergondo, Oseiro e Mezquita, veciños de Betanzos. Resultaron proxenitores de:

IV XERACIÓN
D. Miguel Wenceslao Jerónimo José de las Ánimas Gayoso y Yebra
, bautizado o 1 de outubro de 1770, bautizado en Santiago da Catedral de Lugo.
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Re: Galegos no "Real Seminario de Nobles de Madrid"

Mensaje por Pousada »

Mosquera Chavarría, Ramón
Archivo Histórico Nacional,UNIVERSIDADES,667,Exp.126

I XERACIÓN
D. Andrés de Mosquera
, rexedor de Lugo, de onde era natural e veciño, xentil home da Súa Maxestade. Casou con D.ª Josefa Vázquez Valdivieso, tamén da cidade de Lugo. Houberon por fillo a:

II XERACIÓN
D. José de Mosquera
, rexedor perpetuo de Lugo e Deputado Xeral do Reino da Galicia na Corte de Madrid. Casou con D.ª Ángela Rosa Chavarría, natural de A Coruña, filla de D. Benito Chavarría, Capitán de Cabalos, oriundo de Santiago de Compostela e da súa dona, D.ª Josefa Pillado Patiño, natural de A Coruña. Foron proxenitores de:

III XERACIÓN
D. Ramón José Rafael Domingo Soriano Benito Cayetano Agustín María de Mosquera Chavarría
, natural e veciño de Lugo, bautizado o 19 de setembro de 1739 na freguesía de Santiago, inclusa na Catedral de Lugo.
Responder