Nun dos últimos temas deste foro, ao departir sobre a descendencia de Gómez de Oubiña e de Constanza Álvarez Mariño, citaba eu a súa posible relación desta última con Constanza Álvarez de Aldao e mailo seu marido, Juan Mariño de Goyanes. Iso fíxome lembrar que nunhas notas vellas teño escrita unha árbore xenealóxica na que aparece citada certa Constanza Álvarez de Aldao que non sei se será a mesma que caso co Mariño de Goyanes.
É unha mágoa, porque esta árbore que teño é un croquis dalgunha intervención nos antigos foros de Xenealoxías do Ortegal, que deixaran de funcionar e nos que había moita información que logo se perdeu. O caso é que algún dos foreiros de Xenealoxías do Ortegal (o problema é que non lembro cal... ¿Fernando Dopico, Lamigueiro, outro?) explicara unhas notas que tiña e que eu esquematizara do seguinte xeito:
1.- Inés Álvarez de Aldao, casada con Nuño Álvarez de Sivil, resultaron proxenitores de:
1.1.- Pedro Ares de Aldao, casado con María Bermúdez de Castro (con sucesión ben coñecida, que ficou entroutros lares vencellada á Casa de Gondar, nas aforas de Pontevedra)
1.2.- Constanza Álvarez de Aldao.
1.3.- María Sánchez de Aldao.
1.4.- Mayor Rodríguez de Aldao, desposada con Juan de Coiro, sendo proxenitores de:
1.4.1.- Pedro de Coiro.
1.4.2.- Gómez de Coiro.
1.4.3.- Catalina Lorenza, casada con Martín Pérez (¿Páez? ¿Paz?) de Soutomaior, sendo pais de:
1.4.3.1.- Pedro G. de Sotomayor.
Teño as notas medio embrolladas, así que igual hai erros na filiación... Pero, básicamente, ¿alguén tén datos que verifiquen isto? ¿Alguén conta con información máis completa sobre estes irmáns de Pedro Ares de Aldao? É máis, ¿alguén se lembra de quen foi o que puxera estes datos na rede?
Constanza Álvarez de Aldao
Re: Constanza Álvarez de Aldao
Por outra parte, o que vexo por outras notas que teño é que Juan de Coiro debe ser realmente Juan Cruu, equivocando o Coiro e o Cruu, porque vexo nalgunhas notas que Mayor Rodríguez de Aldao casou con Juan Cruu tendo por fillos a Gómez Cruu e a Catalina Lorenza, muller que foi de Nuño (que non Martiño, ainda que é moi sinxelo confundir a abreviatura de Martiño co nome Nuño: véxase Mno e Nuno, que coas caligrafías antigas cas non se distingue) Paz de Sotomayor.
No tombo da hernida de Santa María do Campo de Pontevedra, traducido por Ángela Comesaña Martínez, figura ao final do folio 41 volto a seguinte inscrición:
"Que paga en cada huun anno para sempre Catalina Lourença moller de Nuno Paz de Soutomayor qorenta mrs. vellos e seys canadas de vino mosto aa dorna por la sua vina que esta a par de Santa Maria do Camino que foy de Pero Cruu seu avoo". O tal avó, Pero Cruu, estaba casado con certa Catalina Lorenza da que derivou o nome da súa neta, presunta filla de Juan Cruu e de Mayor Álvarez de Aldao...

Hola Alfonso.Nuno Pérez era.Nuno Pérez(non Paz,ainda que creo que era descendente de Paio Gomez de Sotumaior).En canto ó que publicara iso en Xenealoxías do Ortegal penso que puido ter sido Gabriel Pita da Veiga,ainda que non estou certo tampouco(polo menos paréceme que tamén andaba polo medio no foro aquel).Por Catalina Lourença de Figueroa a súa avoa son,seguramente,as armas da liñaxe Figueroa que aparecen nalgún sepulcro dalgún da familia Cruu.
Re: Constanza Álvarez de Aldao
Graciñas Breo... Ao tenor dos seus nomes, deben de estar de preto emparentados os devanditos cos que seguen: o clérigo Juan Cruu de Sotomayor, irmán do licenciado Nuño Pérez de Sotomayor..., ¿serán fillos de Catalina Lorenzo e de Nuño Pérez de Sotomayor? Aparecen estes textos nos protocolos do notario santiagués Gonzalo Puñal, hoxe conservados no Arquivo Universitario de Santiago, de onde saen as seguintes referencias:
Sobre o sogro de Catalina Lorenza e, polo tanto, pai de Nuño Pérez de Sotomayor, teño outra cita do tombo de Santa María do Camiño de Pontevedra, co seguinte, ao comezo do folio 38 r, retomando a transcrición de Ángela Comesaña:Escritura de obligación de Juan Cru de Sotomayor, como principal y Fernando de Preseda como fiador, ambos vecinos de Pontevedra, de pagar al Licenciado Nuño Pérez de Sotomayor, vecino de Santiago, 100 ducados que el dicho licenciado le había prestado Fol. 318-319. (1552, septiembre, 11)
Escritura de arrendamiento por 3 años, de Juan Cru de Sotomayor, vecino de Pontevedra, clérigo de la mitad sin cura de San Martiño de Callobre, al licenciado Nuño Pérez de Sotomayor, de los frutos y rentas de la mencionada sin cura. Fol. 320-321. (1552, septiembre, 11)
Carta de pago otorgada por Juan Cru de Sotomayor, vecino de Pontevedra, a favor de su hermano, el licenciado Nuño Pérez de Sotomayor, por 346 ducados en reales de plata. Fol. 322. (1552, septiembre, 11)
"De Payo Gomez de Sotomayor por la pension de la vina que tubo Nuestra Senora dos reales pagan sus hijos el licenciado Nuno Perez e Sotomayor su heredero"
Xenealoxía dos Cruu en Pontevedra
Por certo... aproveito para comentar a terrible xenealoxía que se fixo dos Cruu: Crespo Pozo puña á cabeza a Juan Cruu de Montenegro, marido de Inés Arias de Aldao; pais que terían sido de Pedro Cruu Montenegro, marido de Teresa Sánchez de Reino, pai á súa vez de Gómez Cruu, que na súa esposa Catalina Sarmiento tería a Tristán de Montenegro... Este é un maremagno de cousas erróneas...
Quen puxo algo de sentido a todo isto foi José Armas Castro, no seu artigo "Una familia de mercaderes pontevedreses a finales de la Edad Media: los Cruu" no que se traballa co seguinte esquema xenealóxico:
I XERACIÓN
Gonzalo Cruu, o vello. Quen da súa muller Tareixa Avea houbo por fillos a:
II XERACIÓN
1. Afonso Cruu.
2. Pero Cruu, o vello. Pai de III
III XERACIÓN
1. Pero Cruu, o mozo. Pai de IV
2. Estebo Cruu. Casado sucesivamente con Tareixa Fariña e María Gómez, sendo pais de Lois Cruu.
3. Álvaro Cruu, casado con Elvira Pérez.
IV XERACIÓN
Juan Cruu, casado con Inés Arias de Aldao, sendo pais de:
V XERACIÓN
1. Pero Cruu, casado con Teresa Sánchez de Montenegro.
2. Gómez Cruu, casado con Catalina Sarmiento.
Ainda así, esta xenealoxía é moi afinable... Por exemplo, alomenos en catro aspectos:
1.- Na III xeración, sábese polos foros do Mosteiro de Poio que a muller de Pero Cruu tiña o nome de Catalina Lorenzo (este dato débollo a Nadir, sempre exploradora e mergullada nos documentos antigos).
2.- Na IV xeración hai textos que se refiren á muller de Juan Cruu como Maior Rodríguez de Aldao e outros como Inés Arias de Aldao. A tódalas fontes ás que tiven acceso polo de agora eran posteriores ao século XV, polo que non teño claro cal é o verdadeiro nome da muller de Juan Cruu, pero parece que foi certamente da liñaxe dos Aldao, o que explicaría tanta insistencia nese aspecto...
3.- Na V xeración habería que engadir alomenos a unha filla, Catalina Lorenzo, chamada así en memoria da súa avoa, e que houbo de casar con Nuño Pérez de Sotomayor, quizáis sendo ascendentes de Juan Cruu de Sotomayor e mailo seu irmán Nuño Pérez de Sotomayor.
4.- Nesa misma V xeración, habería que avaliar exactamente se Pero Cruu (marido de Teresa Sánchez de Montenegro) foi irmán de Gómez Cruu ou fillo seu; porque os xenealoxistas están partidos neste aspecto... xa o teño visto das dúas formas en función do manual que se colla...
¿Algunha engadidura máis? Por certo, ¿o nome de Catalina Lorenzo de Figueroa aparéceche así en documentos antigos; e tedes algún dato máis para a súa localización e filiación?

Breo-jan! Tés algún dato sobre a tal Catalina Lourenza?? Sempre a vira escrita nos forais de Poio (tomo I, fl. 126) como Catalina Lourenza, muller de Pero Cruu... ¿Sabes cal é a súa relación cos Figueroa? Graciñas!!!Por Catalina Lourença de Figueroa a súa avoa son,seguramente,as armas da liñaxe Figueroa que aparecen nalgún sepulcro dalgún da familia Cruu.