Gabriel Varela Pose: "Lembranza ós nosos canteiros"
Gabriel Varela recolleu a historia dos famosos artesáns das parroquias de Ponteceso
A información que deles se nos ofrece preséntase a modo de fichas. Gran parte delas son de familias de canteiros. Delas vanse debullando as estirpes de artesáns como os Soneiras, Caamaños, Castrexos, Carrillos, Baldomeros, Reinos, Madrugas, Varelas, Ferreiros, Tomases, entre moitas outras. Contra o final, efectúase descrición de canteiros individuais.
Marcos Pérez Pena
O deseño gráfico non é un invento contemporáneo. Deseño houbo sempre, e así podemos observalo e admiralo en construcións ou manufacturas tradicionais. Pero de igual xeito tamén dende vello era habitual que unha comunidade ou un colectivo idease e reproducise unha serie de símbolos que servían para identificalos a eles, ás súas posesións ou á súa actividade, sobre todo nunha sociedade non alfabetizada. Coñecidas son as marcas dos canteiros, pero tamén outras profesións tiñan o seu propio sistema de símbolos. É o caso dos mariñeiros.
Os mariñeiros da Guarda empregaban un elaborado sistema de marcas que ao longo do século XX se foi perdendo [...] http://praza.gal/cultura/8027/marineiro ... aron-marca
Procede dunha xeración de canteiros dos de cincel e pedra, dese gremio profesional de artesáns con xerga e sinais de identidade propias que beben as súas raíces más alá da Idade Media. Seu avó Manuel dedicábase xa a este oficio; o seu pai, de nome José como el, e natural de Carcacía (Padrón), tamén. Manou a chamada da pedra e do oficio dende cativo, alá no pequeno taller que o seu pai aínda conserva en Lampai (Teo) e como él dous irmáns máis seguiron a mesma senda. "Son canteiro artesán, non escultor", matiza José Crespo Calviño [...]