Libro: "Coristanco. As súas parroquias"

Noticias de historia familiar
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Libro: "Coristanco. As súas parroquias"

Mensaje por serba »

Ubaldo Cerqueiro
Evaristo Domínguez Rial é coñecido por ser un estudoso e divulgador das nosas comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra. Membro activo de colectivos como Senda Nova e o Instituto de Estudos Bergantiñáns, ten participado en varias obras colectivas sobre o territorio (por exemplo, os cadernos do IEB sobre as parroquias de Seavia, Couso e Ferreira, e sobre Cereo e Verdes).
Un Evaristo que segue traballando, coa colaboración da concelleira Laura Mariño, na publicación “Coristanco. As súas parroquias”, un libro que ten como base unha serie de artigos xornalísticos publicados hai algún tempo, fai un percorrido polo conxunto deste concello, parroquia a parroquia, repasando e divulgando os seus máis diversos aspectos: xeográficos, económicos, sociais e culturais…

http://www.quepasanacosta.com/?p=45980
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder