Xornadas Rurais na Eira da Xoana: o rural galego pide xente!
Desenvolveranse en Ramil (Agolada), os dias 22 e 23 de febreiro
Promovidos pola FRUGA e ADEGA, pretenden ser un ponto de partida para criar un foro permanente de debate e encontro dos novos proxectos que xurden no rural galego, que faga visíbel a existencia de xente moza no noso agro e a súa necesaria consideración para un rural galego con futuro.
Compostela, 10 de febreiro de 2013.- A cada momento son mais os lugares que fican avandonados. Casas e leiras son pasto das silveiras e o noso rural empobrécese ao mesmo tempo que a povoación avellenta e finalmente desaparece. Mais esta situación non é casual. A agricultura e a gandeiria sufriron o embate das políticas ditadas pola Unión Europea e o grande capital, que lonxe de buscar dinamizar e facer do medio rural unha opción para os mozos e mozas, rurais ou non, no que desenvolver a sua atividade e as suas vidas, deseñaron todo un plano de destrucción e desmantelamento que nos leva à dificil situación actual.
http://www.fruga-galiza.org/2014/02/10/ ... #more-1757
Eira da Xoana
Eira da Xoana
Poblada soledad es hoy el mundo.
Homenaxe na Eira da Xoana a Francisco Carballo
O sábado 26 de setembro, a Eira da Xoana celebra unha nova edición da Homenaxe ás persoas crentes comprometidas co país que, desta volta, se dedicará a Francisco Carballo, quen ademais de ser un dos grandes historiadores galegos, destacou polo seu compromiso co país galego desde a Fe.
Neste evento, a Asociación Galega de Historiadores fará entrega do premio Manuel Murguía a Francisco Carballo e na xornada, acompañaranmos Mini e Mero.
http://adega.gal/web/axenda.php?id=271& ... gl&sec=210
Poblada soledad es hoy el mundo.

Desenvolveranse en 


