Un vídeo histórico dos anos 50 coas imaxes de percebeiros e palilleiras das parroquias de Camariñas

Feitos do noso pasado común
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Un vídeo histórico dos anos 50 coas imaxes de percebeiros e palilleiras das parroquias de Camariñas

Mensaje por serba »

Durante o ano 1950, o director Ernest Alfter achegouse as nosas costas, concretamente a Camelle, Arou e ao porto de Camariñas, para facer un documental co título de "LOS ACANTILADOS DE LA MUERTE". Aínda que está editado en francés, está con subtítulos en castelán.
Podemos ollar imaxes históricas de Camelle e Arou daqueles anos 50, cos percebeiros loitando man a man co mar, e as palilleiras en pleno traballo, e non deben de perderse a traducción do documental, por canto nos indica a imaxe que levaban das nosas vilas e canto cambiamos nestos 65 anos. Dende logo foron anos moi duros e que por sorte agora nos encontramos cun país que é unha potencia mundial.
Tamén, recomendamos que non se perden as imaxes a partires do minuto 2,33 onde vemos o porto de Camariñas, coa dársena o fondo e que é a que nos sirve para ilustrar esta portada.
As imaxes foron recollidas polo cámara, Juan Ruíz Romero e dirixe o xa mencionado, Ernest Alfter.

http://www.diariocamarinan.com/texto-di ... -camarinas
Terra de Arquival. Publicado el 22 feb. 2015
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder