Jorge Lamas | Vigo
«A toponimia é a memoria verbal da historia»
O xoves preséntase un estudo sobre os nomes de lugares de Beade
O instituto de ensino secundario de Beade celebra estes días o seu 25 aniversario cunha serie de actos culturais e de lecer. O xoves, ás 18.00 horas, terá lugar a presentación do libro Toponimia do Val de Fragoso, Beade, un estudo feito por Lorena Carrasco e Gonzalo Navaza.
[...] Publicáronse tres libros co Concello e outro máis, o correspondente a Saiáns, coa Federación de Veciños. De momento saíron os traballos de Lavadores, Coia e Saiáns, e agora sairán Beade e, despois do verán, Bembrive.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vi ... 8C6994.htm
Libro: Toponimia do Val de Fragoso
Libro: Toponimia do Val de Fragoso
Poblada soledad es hoy el mundo.
Toponimia do Val do Fragoso
Coia y Lavadores viewtopic.php?f=10&t=8069#p24596
Poblada soledad es hoy el mundo.
Libro: Toponimia do Val de Fragoso

JL.Gesteira | Vigo
Sárdoma e Freixeiro, dúas das parroquias históricas do Concello de Vigo, contan desde onte cun libro que recolle a riqueza toponímica destes dous lugares da bisbarra viguesa. O investigador Iván Sestay presentou este martes o 4º volume da colección Toponimia do val de Fragoso no instituto Santa Irene, acto que contou coa presenza do profesor Xosé Henrique Costas e da concelleira de Normalización Lingüística, Uxía Blanco. Neste traballo presérvanse os nomes rescatados no traballo de campo feito nestes dous lugares, topónimos que están en risco de desaparecer por mor da expansión urbana e do paso dos anos.
http://duvi.uvigo.es/index.php?option=c ... &Itemid=47
Poblada soledad es hoy el mundo.




