O Pergamiño Vindel

Transcrición de documentos, documentación de axuda á investigación, guías ou proxectos relacionados
Respostar
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 16816
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

O Pergamiño Vindel

Mensaxe por serba » 21 Xan 2014, 12:02

Manuel BRAGADO
Non debe pasar desapercibido o centenario da descuberta do "Pergamiño Vindel", peza fulcral do patrimonio bibliográfico galego, conservada dende 1977 na biblioteca Pierpont Morgan de Nova York. Un pergamiño da segunda metade do século XIII, atopado como forro dun códice do século XIV nunha obra de Cicerón polo libreiro madrileño Pedro Vindel. Un pergamiño de 34 cm de longo por 46 cm de ancho, que contén disposto a catro columnas o texto das sete cantigas de amigo atribuídas a Martín Codax, acompañado dos pentagramas musicais de seis delas.
Unha primeira noticia desta extraordinaria descuberta para a literatura galega achegouna o propio Pedro Vindel cando publicou na revista "Arte Español", no número correspondente a febreiro de 1914, un artigo titulado "Las siete canciones de la enamorada, poema musical por Martin Codax, juglar del siglo XIII", acompañado cos fotogravados da primeira e da quinta cantiga. Probablemente contando coa asesoría do pontevedrés Víctor Said Armesto, primeiro catedrático de lingua e literatura galego-portuguesa da Universidade Central de Madrid, o erudito máis versado daquela sobre a lírica galego-portuguesa, o bibliófilo Vindel editou en 1915 un folleto de tirada moi reducida (apenas dez exemplares á venda), no que se recollía a totalidade do manuscrito, acompañado de diversas notas e de nove fotogravados en tinta negra. Unha publicación de enorme importancia para a nosa historia literaria xa que, como sinalou o profesor Xesús Alonso Montero, "constituía a proba documental de que as cantigas de tema profano existiran e funcionaran como tales cantigas". Lembremos que até entón só os máis eruditos coñecían as "Cantigas de Santa María", un corpus literario e musical de temática mariana elaborado no século XIII na corte de Afonso X O Sabio. Un privilexio o do noso cantor do mar de Vigo que dende 1990 comparte co rei don Denís, tras a descuberta en Lisboa polo profesor Harvey L. Sharrer dun pergamiño que contén a música de sete fragmentos de cantigas de amor do rei poeta de Portugal.
http://www.farodevigo.es/opinion/2014/0 ... 51632.html
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 16816
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Cen anos do 'Pergamiño Vindel'

Mensaxe por serba » 07 Feb 2014, 15:59

Cen anos do 'Pergamiño Vindel'
En febreiro de 1914, o libreiro Pedro Vindel facía público un achado que puña ao descuberto unha das cimas da nosa literatura medieval: as Cantigas de Martin Codax.http://www.realacademiagalega.org/image/image_gallery?uuid=e21a1eca-aefe-41b4-abba-48d2a4d1709c&groupId=10157&t=1391760082376 http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 16816
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Cen anos do pergamiño Vindel

Mensaxe por serba » 08 Feb 2014, 20:25

"Cen anos do pergamiño Vindel, onde apareceron cantigas de Martín Códax"
http://www.crtvg.es/crtvg/canles-temati ... rtin-codax
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 16816
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Centenario do Pergamiño Vindel

Mensaxe por serba » 08 Mar 2014, 17:02

http://www.realacademiagalega.org/image/image_gallery?uuid=b4fc974c-8d95-4165-a270-ab1340009ac3&groupId=10157&t=1394105496633 Presentación na Academia de 'Martin Codax. Bañarnos emos nas ondas'
Nesta obra, editada conxuntamente pola Real Academia Galega, o Parlamento e a Xunta de Galicia, recóllense as sete cantigas de Martin Codax publicadas hai un século polo libreiro Pedro Vindel.
http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 16816
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

A reprodución do cobizado Pergameo Vindel preséntase na Coruña

Mensaxe por serba » 29 Feb 2016, 18:49

A profesora Mariña Arbor ofrece este martes 1 de marzo na Coruña, unha conferencia sobre o Pergamiño Vindel, de finais do século XIII e que con sete Cantigas de Amigo de Martín Codax é unha das xoias máis importantes da poesía medieval galega. A intervención da profesora do Departamento de Filoloxía da USC, titulada ‘Un enigma desvelado: o Pergamiño Vindel’, producirase no transcurso da presentación dunha reprodución do documento –o orixinal consérvase na Morgan Library & Museum de Nova York– que terá lugar en primicia mundial ás 19:30 horas no auditorio da Sede Afundación na cidade herculina.

http://radiofusion.eu/manager.php?p=FichaNova&ID=18552
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 16816
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

A profesora da USC Mariña Arbor fala do pergamiño coas cantigas de Martín Códax

Mensaxe por serba » 01 Mar 2016, 16:46

Radiofusión

A profesora da USC Mariña Arbor fala do pergamiño coas cantigas de Martín Códax

http://173.255.131.18/audio/010316ARBOR.mp3
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 16816
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

O Pergamiño Vindel

Mensaxe por serba » 23 Mai 2016, 14:24

Mª del Carmen Echevarría | Vigo

A obra de Martín Codax exhibirase no museo Marco de Vigo de outubro de 2017 a marzo de 2018

A Universidade logra que o Pergamiño Vindel sexa exposto fóra do Morgan Library Museum logo de 40 anos

http://duvi.uvigo.es/index.php?option=c ... &Itemid=39
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 16816
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Clon do Pergamiño Vindel

Mensaxe por serba » 06 Out 2016, 10:59

A Casa de Galicia acolle a presentación en Madrid do clon do Pergamiño Vindel realizado por M. Moleiro

O testemuño máis valioso da lírica trovadoresca galego-portuguesa pode admirarse xunto a unha selección de obras mestras clonadas por Moleiro

http://casadegalicia.xunta.gal/web/gues ... _count%3D1
Manuel Morales | Madrid
La tecnología resucita el ‘Pergamino Vindel’
http://cultura.elpais.com/cultura/2016/ ... 19797.html
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 16816
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

O Pergamiño Vindel retorna á beira do mar que o viu nacer

Mensaxe por serba » 03 Mar 2017, 19:27

Mª del Carmen Echevarría e M. Del Río | Vigo

O documento orixinal das cantigas de Martin Codax exporase desde outubro no Museo do Mar en Vigo

É a primeira vez desde 1970 que a obra, propiedade do Morgan Library Museum, abandona Nova York

http://duvi.uvigo.es/index.php?option=c ... &Itemid=39
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 16816
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

O Pergamiño Vindel coas cantigas de Códax regresa á casa desde Nova York

Mensaxe por serba » 23 Set 2017, 10:04

Consideráse o berce da cultura galega. O 'Pergamiño Vindel' contén as sete cantigas de amigo que Martín Códax escribiu hai oito séculos contemplando o mar de Vigo. A casualidade quixo que en 1914 o libreiro Pedro Vindel atopase o manuscrito dentro dun libro de Cicerón...

http://www.crtvg.es/informativos/o-perg ... -nova-york
800 anos e máis de 5300 quilómetros despois, o Pergamiño Vindel inicia o seu retorno a Vigo
https://duvi.uvigo.es/index.php?option= ... &Itemid=12

Europa Press - Vigo, 21 sept.
http://www.europapress.es/galicia/notic ... 93707.html
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 16816
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

O 'Pergamiño Vindel' volve a Vigo oito séculos despois de ser escrito

Mensaxe por serba » 26 Set 2017, 08:15

É a peza central dunha exposición que comezará o 10 de outubro no Museo do Mar. A mostra estará aberta seis meses. En marzo, o pergameo volve á biblioteca de Nova York.

http://www.crtvg.es/informativos/o-perg ... to-3423058
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 16816
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

O Museo do Mar de Galicia expón o Pergameo Vindel ata a vindeira primavera

Mensaxe por serba » 12 Out 2017, 10:49

Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 16816
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

O Pergamiño Vindel (ciclo de conferencias)

Mensaxe por serba » 19 Out 2017, 16:44

O ciclo, que se desenvolverá no edificio Cambón do Casco Vello de Vigo, comeza este xoves ás 20.00 horas cun relatorio titulado Aproximación á configuración urbana de Vigo na época do Pergamiño Vindel a cargo do docente e investigador da UNED Anselmo López Carreira. O día 2 de novembro o docente de Ensino Medio Xosé Xabier Ron Fernández falará sobre Martin Codax: o nome. A onomástica da lírica trobadoresca. Os relatorios continuarán o 16 de novembro coa intervención de Ceferino de Blas, cronista oficial da cidade de Vigo, que ofrecerá un relatorio titulado Prensa, sociedad gallega y Martin Codax. ¿Cómo divulgaron los periódicos la figura del trovador y sus cantigas? e o 14 de decembro o musicólogo Paulo Gonçalves falará de A música dos trobadores. A actividade regresará o 25 e xaneiro con As cantigas de amigo no taboleiro da lírica medieval europea a cargo da docente da Universidade de Santiago Pilar Lorenzo Gradín e finalizarán o 8 de febreiro co tamén docente da USC Ramón Mariño Paz que falará sobre Literatura en galego e mecenado na Idade Media. “Alén de magníficos investigadores, entre os conferenciantes convidados hai moi bos comunicadores: quen se sinta atraído por coñecer mellor unha época esplendorosa da nosa cultura, do noso pasado, non quedará defraudado”, asegura Alexandre Rodríguez.

https://duvi.uvigo.es/index.php?option= ... &Itemid=12
http://duvi.uvigo.es/mambots/content/smoothgallery/cache/images/stories/ugm/12260/images/379x535-cv1.jpg - O docente Anselmo López inaugurou ‘Os xoves do Vindel’ cun relatorio sobre configuración urbana da cidade
Vigo, unha vila en plena expansión na época de Martin Codax

https://duvi.uvigo.es/index.php?option= ... &Itemid=12
Poblada soledad es hoy el mundo.

Respostar

Quen está en liña

Usuarios navegando por este Foro: Ningún usuario rexistrado y 3 invitados