http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ca ... C11995.htmA. Lavandeira
Carballo / La Voz, 14 de octubre de 2012
Unha novela, un libro de relatos e un poemario deron para un novo encontro cheo de vida literaria na Fundación Pondal. Primeiro foi Querida Paula, de José Antonio Andrade Figueiras, avogado e incansable camiñante de Bergantiños, como contou o seu presentador, Evaristo Domínguez Rial. É unha obra epistolar chea de sintonías onde se relata unha relación de amor que xa parece imposible.
José Antonio Pet Posse deu a coñecer Relatos de antaño e hogaño. É a súa décimo terceira obra e a terceira que dá a coñecer no Couto. Dixo que o libro é coma un mandado de Xosé María Varela, patrón da fundación pondaliana, para que deixara testemuña do ocorrido nos tempos da fame. É coma unha especie de memorias, cargadas de anécdotas, contos e historias fantásticas, unhas e reais outras que antigamente se contaban nas lareiras.
Por último, Antón Borrazás, Miguel Ángel Queipo Salvande e Óscar de Souto presentaron e recitaron poemas de Versus, o seu libro conxunto, no que teñen moi claro que «a poesía, nos tempos que corren, é unha arma cargada de futuro».
Fundación Pondal
Fundación Pondal
Última edición por serba el 05 Nov 2013, 08:22, editado 1 vez en total.
Poblada soledad es hoy el mundo.
XVI Outono Pondaliano
"Cultura e Educación participa na clausura do XVI Outono Pondaliano"
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... pondalianoNo peche, amais do secretario xeral, estiveron o alcalde da localidade e presidente da Fundación Eduardo Pondal, José Luis Fondo Aguiar e mais a deputada provincial de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística.
Poblada soledad es hoy el mundo.
XVII Simposio Pondaliano

http://www.quepasanacosta.com/?p=27452Xa temos o programa do “Outono Pondaliano 2013″, ese programa mediante o cal a activísima Fundación Eduardo Pondal chega a toda a veciñanza con actividades de toda índole e condición. E cuns nomes que dan conta do potencial desta gala aldea do Couto.
Do 3 ao 30 de novembro a cultura invadirá a lareira, sendo o protagonista o “XVII Simposio Pondaliano”, que protagonizará todas as tardes do martes do mes.
Poblada soledad es hoy el mundo.
Simposio Pondaliano
A figura de Eduardo Pondal volve emerxer hoxe con forza en Ponteceso da man da fundación que leva o seu nome e do simposio que desde hai xa 17 anos xunta a expertos e docentes para analizar o legado do autor bergantiñán.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ca ... 5C8991.htm
Poblada soledad es hoy el mundo.
Simposio Pondaliano
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ca ... 9C8993.htm"Xosé Pumar Gándara e Xan Fernández Carrera estarán hoxe no Simposio Pondaliano"
Para esta terceira xornada do programa elaborado pola Fundación Eduardo Pondal estaba prevista a intervención do filólogo e académico Xesús Alonso Montero, pero a súa charla sobre O Himno galego na historia da cultura galega tivo que ser suspendida por mor dun problema familiar.
Poblada soledad es hoy el mundo.
Cultura respalda la promoción de la obra de Eduardo Pondal
José M. Ramos
Profundizar en el estudio de la figura de Eduardo Pondal, preservar y divulgar su obra son los objetivos del acuerdo que ayer firmaron en Ponteceso el conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, y el presidente de la Fundación Eduardo Pondal, José Luis Fondo, quienes se comprometieron además a desarrollar actividades de dinamización de la lengua y la cultura gallegas.
El convenio fue firmado coincidiendo con la primera visita oficial del conselleiro a la sede de la fundación, ubicada en la antigua casa rectoral de Cospindo (Ponteceso). El conselleiro se comprometió además a facilitarle a la fundación apoyo económico y asesoramiento técnico en relación con aspectos lingüísticos y terminológicos asociados a las actividades que desarrollen.
http://www.elcorreogallego.es/terras-de ... cia-853779
Poblada soledad es hoy el mundo.
Simposio Pondaliano: Nomes propios que salvan aldeas
Ubaldo Cerqueirohttp://www.quepasanacosta.com/?p=37403
Poblada soledad es hoy el mundo.
Fundación Eduardo Pondal
A Xunta confirma o apoio á fundación ‘Eduardo Pondal’ polo seu traballo de promoción, dinamización e difusión da cultura galega
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou no acto de entrega dos Premios ‘Bos e Xenerosos’ da Fundación Eduardo Pondal
A Fundación de Ponteceso recibiu este ano varios recoñecementos, entre os que destaca o da Real Academia Galega e o Premio Rosalía de Castro
Os catro galardoados deste 2014 son o historiador Felipe Senén, a filóloga Dolores Vilavedra e os músicos Roi Casal e Susana Seivane
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... namizacion
Poblada soledad es hoy el mundo.
Entrega dos Premios Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal
Os Premios Bos e Xenerosos recoñecen a traxectoria de Margarita Ledo
"Unha nación pequena e subalterna pode contribuír a transformar a realidade". A académica Margarita Ledo compartiu onte esta idea na entrega dos Premios Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal, que este ano recoñeceron a súa traxectoria xunto ás do científico Ángel Carracedo, a cantante Guadi Galego e o debuxante Siro López. Ledo Andión empregou como fío condutor no seu discurso a frase do Himno "os tempos son chegados", que segue a servir hoxe para reivindicarmos que "a igualdade deixe o limbo das declaracións e pase a ser parte desta terra na que pomos os pés", salientou.
http://academia.gal/novas/-/asset_publi ... _count%3D4
Poblada soledad es hoy el mundo.
Comezan os preparativos da conmemoración do centenario do pasamento de Pondal
Lorena Martínez
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu onte no seu despacho da institución provincial ao alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, e ao xerente da Fundación Eduardo Pondal, José María Varela Martínez, que presentaron os actos que a entidade está preparar de cara a 2017, con motivo do centenario do pasamento do escritor pontecesán, autor da letra do himno galego.
González Formoso comprometeu o apoio da Deputación para levar a cabo os actos de celebración desta efeméride en colaboración coa entidade, co obxecto de pór en valor a figura literaria de Pondal e as súas numerosas contribucións á cultura galega.
http://quepasanacosta.gal/comezan-os-pr ... rdo-pondal
Poblada soledad es hoy el mundo.
Xosé María Varela, presidente da Fundación Eduardo Pondal
Cando fai cen anos da morte do poeta que puxera letra ao himno galego, o presidente da Fundación Pondal, Xosé María Varela, visita o 'ZigZag Eirado' para falar co presentador, Tino Santiago, dos actos cos que se conmemorará o centenario da morte de Eduardo Pondal.
http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-co ... rdo-pondal
http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-co ... rdo-pondal
Poblada soledad es hoy el mundo.
O himno galego volve a soar na casa de Pondal
Lorena Martínez
Dentro das actividades organizadas polo 182º aniversario do nacemento de Eduardo Pondal, a casa natal do escritor, en Ponteceso, congregou onte a alumnos e alumnas de educación primaria dos colexios de Ponteceso e de Meicende que se encargaron de ler fragmentos da obra literaria do bardo de Bergantiños
http://quepasanacosta.gal/o-himno-galeg ... -de-pondal
Poblada soledad es hoy el mundo.
Unha nova versión do himno galego conmemora os 100 anos da morte de Pondal
A fundación que leva o seu nome encarga á produtora Queiman e Pousa unha nova versión do himno galego, para manter viva a figura do poeta na memoria dos galegos
http://www.crtvg.es/informativos/unha-n ... -de-pondal
http://www.crtvg.es/informativos/unha-n ... -de-pondal
Poblada soledad es hoy el mundo.
Centenario da morte de Eduardo Pondal
O 7 de marzo ás 17 horas, no Cemiterio de San San Amaro, na Coruña, terá lugar o acto de recordación do centenario da morte de Eduardo Pondal, perante a súa tumba.
Organizan. A. C. Medulio, de Ferrol, AC Alexandre Bóveda e AC O Facho, da Coruña, Fundación Pondal, Concello de Carballo, A Mesa pola Normalización Lingüística e Asociación Socio-Pedagóxica Galega. Farase unha oferenda floral, intervencións varias e canto do Himno.
http://www.amesa.gal/noticias/noticias- ... rdo-pondal
Poblada soledad es hoy el mundo.
A TVG2 emite un especial sobre o Himno Galego no día en que se fan 100 anos do pasamento de Pondal
Este mércores (8 de marzo) fanse 100 anos do pasamento de Eduardo Pondal, o autor dos “Pinos”; poema que puxo letra ao noso himno.
Composto en 1890 a petición de Pascual Veiga, o himno estreouse na Habana en 1907. Pero para saber máis detalles sobre a creación do Himno galego e dos papeis que xogaron tanto Pascual Veiga, como Eduardo Pondal ou Xosé Fontenla Leal, non vos debedes perder a programación especial que a tvg2 emitirá este mércores a partir das 22.45h.
http://www.crtvg.es/informativos/a-tvg2 ... rdo-pondal
Poblada soledad es hoy el mundo.
Centenario do pasamento de Pondal
- http://www.crtvg.es/informativos/pontec ... -pasamentoPonteceso (A Coruña), 12 de marzo de 2017
A Fundación Eduardo Pondal (FEP) celebrou hoxe en Ponteceso a conmemoración do centenario do pasamento dun dos tres protagonistas principais do Rexurdimento
http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/ ... cional-sua
Poblada soledad es hoy el mundo.





