As cadeas de Nafarroa-Navarra

Todo sobor das armas dos persoeiros e as súas liñaxes
Responder
markitos

As cadeas de Nafarroa-Navarra

Mensaje por markitos »

necesito saber xq navarra se identifica cn cadenas...

en todos los escudos y esculturas y castiyos aparecen cadenas...

eso me a exo pnsar q las cadenas representen a navarra...xo no se

xq...si tiene algun motivo istorico...o algo

muxas gracias...cntstar x favorrr
Avatar de Usuario
gordito
Foreiro
Foreiro
Mensajes: 57
Registrado: 17 May 2003, 09:00
Ubicación: Barbanza
Contactar:

Navas de Tolosa

Mensaje por gordito »

Tradicionalmente cítase o episodio da batalla das Navas de Tolosa (1212) no que o exército moro tiña encadeados escravos cristiáns na súa fronte a modo de "escudos humanos" (a práctica e máis vella do que en principio parece). Pois ben, parece ser que o Rei cristián Sancho "el Fuerte" de Navarra cortou esta cadea dun golpe da súa espada, liberando ós escravos e contribuíndo así a victoria cristián.
Recentemente un coñecido meu, eminencia nestes temas, púsome en duda esta orixe, invitándome a investigar, e sen revelarme máis datos. En calquera caso esta é, como dicía antes, a contestación tradicional.
Avatar de Usuario
Per
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 448
Registrado: 03 Dic 2002, 09:00
Ubicación: Lugo

As Cadeas de Navarra.

Mensaje por Per »

Como ben dixo "Gordito" teñen a sua orixe na batalla das Navas de Tolosa, engadindo que os participantes na debandita batalla levan esta divisa heraldica nos seus escudos xentilicios, pero o que senpre se nos escapa é que no centro das cadeas, colocadas en cuadro, cruz e sotuer, se situa a chamada "Esmeralda de Miramolín" que foi conquistada na dita confrontación. tamén engadir que se coloca nun pendón bermello, coor dos pendons antigos de Castela.
Avatar de Usuario
Buxan
Mozo
Mozo
Mensajes: 44
Registrado: 26 Jul 2004, 09:00
Ubicación: Lalín

As cadeas de Navarra e as Navas de Tolosa

Mensaje por Buxan »

A orixe das actuais cadeas de Navarra atópase na bloca, reforzo que os antigos escudos de guerra levaban. Desde o umbo, ou centro, varios radios metálicos reforzaban e mantiñan unidas as táboas que formaban este elemento guerreiro. Unha vez perdida a súa función defensiva, adóptase nas representacións xa como figura heráldica, o carbunclo.

A primeira representación das modernas armas dos reis de Navarra atópanse nos selos de Teobaldo I, na primeira metade do século XIII, centuria na que xa se estendeu no seu emprego, heraldicamente falando.

A aparición das cadeas, derivadas dunha especial representación do carbunclo, é de arredor do século XIV, a fins do cal aparece a esmeralda verde.

Relacionar estas cadeas coas Navas de Tolosa xa é posterior: ó ter unhas armas determinadas é necesario buscar un significado para as mesmas, para o que se bota man duns feitos históricos que se adaptan para explicar a orixe das armerías (o que tamén sucede na embremática de coñecidas liñaxes, como a serea dos Mariño, os lagartos dos Losada, etc). Realmente, as Navas de Tolosa son o motivo inventado por moitos dos reis de armas non só para poñer unhas cadeas nas armas de moitas liñaxes, senón para que parecera que estas eran moi antigas (lembremos que cobraban polos seus servicios). Así aparecen, por exemplo, nos Varela, Salgado, ...
Avatar de Usuario
Buxan
Mozo
Mozo
Mensajes: 44
Registrado: 26 Jul 2004, 09:00
Ubicación: Lalín

As armas de Navarra

Mensaje por Buxan »

Esquecín na mensaxe anterior citar un dos mellores libros sobre o particular, recomendado para coñecer o estado da cuestión, que é o de Faustino Menéndez Pidal: El Escudo de España, editado pola Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía no 2004.

Tamén hai outras obras moi interesantes sobre estes temas do nacemento dos embremas heráldicos de Martín de Riquer, Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, e Jaime Bugallal y Vela, destes dous últimos en particular sobre a orixe das armas de Galicia.
Responder