Casa de Grixoa (Viana do Bolo)

Investigación de xenealoxías
Responder
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Casa de Grixoa (Viana do Bolo)

Mensaje por Milleiro »

Casa de Grixoa (Viana do Bolo)

O vínculo da Casa de Grixoa (Viana do Bolo) fúndao Juan Gómez de Grixoa o 30 de Xaneiro de 1549. En 1603 pasa a mans de Francisco Salgado de Gayoso, que reúne na súa persoa as Casas de Grixoa, Vilarmeao e Mormentelos.
No século XVIII, unha descendente de Francisco Salgado Gayoso, María Salgado Pimentel, dona da Casa de Grixoa, Vilarmeao, e Mormentelos, do Beneficio Eclesiástico de Santa María de Larouco e herdeira da Obra Pía fundada por Gerónimo Salgado Gayoso en 1670, casa con Pedro Patricio de Armesto y Saavedra, fillo de Francisco de Armesto y Ribera, señor da casa e fortaleza de Trebolle, San Clodio e Lóuzara, e de Magdalena Saavedra Figueroa.
As casas de Trebolle, San Clodio e Lóuzara chegan a Francisco de Armesto y Ribera pola súa nai María Pardo Taboada, que a súa vez hérdao do seu pai Pedro Pardo Taboada, quen segundo a documentación é o primeiro en titularse señor da casa de Trebolle.
O último posuidor da Casa de Grixoa, do que temos noticia pola documentación, é José de Armesto Salgado de Seixas Saavedra Ramírez de Jove.

NOTA: artigo recollido do Arquivo do Reino de Galiza, da sección da Familia Armesto. Acumulación arquivística, 1554 A 1831
conchita
Novo
Novo
Mensajes: 2
Registrado: 13 Ene 2020, 14:12

Re: Casa de Grixoa (Viana do Bolo)

Mensaje por conchita »

Pazo de Grixoa (Viana do Bolo), Ourense.
Boas envío documentación xenealóxica sobre o Pazo de San Pedro de Grixoa do que son herdeira lexítima polos seguintes vínculos:
Referides como último herdeiro do maiorazgo a José de Armesto Salgado de Seijas Saavedra Ramírez de Jove que casou con Isabel Diéguez Asenjo.
A irmá do referido José de Armesto Salgado chamábase Rosa Armesto Salgado casada con Pedro Sánchez Villanueva de Grixoa en cuia persoa cae a herdanza vincular xa que Rosa Armesto morre antes que o seu marido Pedro Sánchez. Rosa e Pedro tiveron dúas fillas e un fillo chamado Bernardino Sánchez Armesto que casou con Camila Fernández Naval de Ourense (tía avoa do escritor Eduardo Blanco Amor). O textamento de Pedro Sánchez data de 1874 e deixou á súa filla Inocencia 1/3 dos seus bens e á súa neta Laura 1/5 dos seus bens e a Bernardino o resto da herdanza ademáis de favorecer á institución eclesiástica con outros donativos: 60 misas rezadas, 3 tegas de centeo á Nosa Señora das Ermitas, 2 misas de 2 pesetas cada unha á virxe das Ermitas e e 3 tegas de centeo ao Bendito Cristo da Ascensión, todo por unha soa vez.
Do matrimonio formado por Bernardino Sánchez Armesto e Camila Fernández Naval nacen 3 fillos e unha filla: Pío (fillo natural tido por Bernardino e Camila antes do matrimonio), Saturnino, Lisardo e Dosinda. Lisardo Sánchez Fernández casou con Concepción Alonso Vuelta e tiveron 12 fillos: Edesio, Emiliano, Camilo, José, Lisardo, Leoncio, Javier, Ángeles, Blandina, Milagros e dúas mulleres que se chamaron Irene xa que morreron de nenas.
Leoncio Sánchez Alonso casa con Purificación Rodriguez García e teñen unha filla lexítima: Concepción Dolores Sánchez Rodríguez que son eu, herdeira do Pazo de San pedro de Grixoa na actualidade do que pretendo facer un lugar onde se podan percibir as distintas etapas da evolución histórica a través dos eidos artítsticos, literarios e en xeral culturais ca creación dunha biblioteca dedicada ao escritor Eduardo Blanco Amor e con acceso aos fondos documentais da miña familia.
Si alguén quere visitar o pazo ha de chamarme con antelación ou porse en contaco conmigo.
O meu teléfono é 608183950
O meu correo electrónico: concepcion.dolores.sanchez @gmail.com
Un saúdo e gracias por todo. Conchita Sánchez. Grixoa. Viana do Bolo. Ourense.
conchita
Novo
Novo
Mensajes: 2
Registrado: 13 Ene 2020, 14:12

Re: Casa de Grixoa (Viana do Bolo)

Mensaje por conchita »

Pazo de San Pedro de Grixoa. Viana do Bolo. Ourense.
Responder