O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede

Noticias de historia familiar
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede

Mensaje por serba »

Ubaldo Cerqueiro - 10 Outubro 2012

Xa están na rede. Aquela brava agrupación de escritores costeiros, mozos e non tan novos, mariñeiros, estudantes, funcionarios, traballadores… teñen xa un espazo na internet que convirta en eternas e accesibles as súas creacións.

Xa teñen un espazo oficial dentro do Finisterrae http://www.finisterrae.org/literatura.php?idioma=es onde xa podemos atopar a publicación dos 4 números publicados do boletín “Feros Corvos” e o libro comunitario “Nós”.

E todo cando se cumplen 10 anos da publicación dun libro que ficará nas nosas memorias, que recuperamos agora a través da rede. Iremos recuperándoos en QPC boletín a boletín, nome a nome, para lembrar aos Marilar Alexandre, Suso Bahamonde, Pilar Beiro, Concha Blanco, Moncho Bouzas Tobío, Fernando Cabeza Quiles, Sesé Canirot, Ana Canosa Blanco, María Canosa Blanco, Xosé María Casais, David Creus, Estevo Creus, Modesto Fraga, Gus García, Rafa García, Víctor Manuel Gómez Traba, Mónica Góñez, Serxio Iglesias, María Lado, Tomás Lijó, José Luís Louzán, Abel Mendes Bujeiro, Xoán Alberte Moure Insua, Paulina Mouzo, Alexandre Nerium, Helena Pérez García, Marcos Seoane Vázquez, Paco Souto, Miro Villar e Rafa Villar.

Un batallón con historia

Para a historia quedará aquela xeración que formou o Batallón Literario da Costa da Morte, unha serie de 30 escritores que formaron escola nunha bisbarra da perifeira galega. Unha agrupación, un encontro de creadores que compartían, sobre todo o amor pola poesía e pola súa terra, e un espíritu combativo magnificamente contaxiado.
As escolas xa deberían estar estudiando este grupo cultural que a finais dos anos 90 revolucionou o mundo da cultura dende a Costa da Morte. Foron dous anos de intensa actividade, pero dous anos finitos, pois as discrepancias persoais e as dispares vidas de cada un acabaron co fermoso proxecto.

Canto os bota de menos esta esquecida bisbarra. Canto bota de menos que a día de hoxe esta xente non sexa a que leve as rendas da bisbarra, a nivel cultural pero tamén a nivel político. Noutro lugar estaríamos, de seguro.

http://www.quepasanacosta.com/?p=18665
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Batallón Literario da Costa da Morte

Mensaje por serba »

O Batallón Literario da Costa da Morte reactívase, 24 anos despois, dende a fin da terra

https://www.quepasanacosta.gal/articulo ... 17973.html
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder