Santiago, 21 de abril de 2013.- O próximo 23 de abrilcatro museos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria -as bibliotecas do Museo das Peregrinacións e de Santiago, o Centro Galego de Arte Contemporánea, o Museo Etnolóxico de Ribadavia (Ourense) e o Museo de Belas Artes da Coruña- celebrarán o Día Internacional do Libro a través dunha experiencia bookcrossing de liberación de libros promovida por quinto ano consecutivo polo centro museo ARTIUM de Vitoria-Gasteiz. Deste xeito, a Xunta de Galicia suma unha actividade máis á súa programación cultural que conmemora o Día Internacional do Libro. Unha celebración que xunta as efemérides do pasamento de William Shakespeare, Miguel de Cervantes e Inca Garcilaso de la Vega.
Mañá, 23 de abril, celébrase en máis dun cento de países o "Día do libro e dos dereitos de autor", unha efeméride creada pola Unesco en 1995 coa intención de homenaxear o libro "animando a todo o mundo, sobre todo ás persoas máis novas, a descubrir o pracer da lectura e a respectar a insubstituíble achega dos autores ao progreso social e cultural". [...]
- (A Coruña) - "Fiesta del Libro, en los jardines"
Los jardines de Méndez Núñez son, durante esta semana, la sede principal de los actos de la Fiesta del Libro. Hay ocho casetas, una de ellas, de las bibliotecas municipales, donde los bibliotecarios recomiendan lecturas.
#engalegoleo – Día do Libro, 23 de abril O vindeiro día 23 de abril celébrase en todo o mundo o Día do Libro. Conscientes da relevancia desa data, e da importancia do libro e da lectura no conxunto da cidadanía, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), xunto á Compañía de Radio Televisión de Galicia e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), botan a andar unha iniciativa, a través da web da CRTVG e de Twitter que, baixo o hashtag #engalegoleo, pretende animar o conxunto da cidadanía a recomendar un libro en galego, a explicar por que lles gusta ler, que é a literatura para cada un… http://axendaaelg.blogaliza.org/2014/04 ... 3-de-abril
Mil libros gratis para celebrar el 23 de abril en Pontevedra
La Diputación de Pontevedra regalará publicaciones a los pontevedreses que visiten ese día el Servicio de Patrimonio Documental y Bibliográfico http://www.lavozdegalicia.es/noticia/po ... 746786.htm
La Deputación Provincial conmemora el próximo miércoles 23 de abril el Día Internacional del Libro regalando más de 1.100 publicaciones a los interesados en visitar el servicio de Patrimonio documental y bibliográfico.
Cada persona podrá llevar gratuitamente dos títulos en esta iniciativa que busca el fomento de la lectura y la promoción del libro. Cada visitante podrá escoger, entre las 9.00 y las 21.00 horas, dos ejemplares entre un total de 72 libros diferentes que abordan aspectos variados del patrimonio cultural y de la historia de la provincia y de sus concellos. [...] http://pontevedraviva.com/cultura/11501 ... s-agasallo
Santiago, 22 de abril de 2014.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convida a cidadanía a celebrar o Día Internacional do Libro cunha ampla programación especial en toda Galicia arredor do 23 de abril. Ademais da súa habitual oferta de actividades, as bibliotecas nodais de toda Galicia preparan para esta data visitas guiadas, obradoiros, conferencias e sorteos de libros, que se completarán coa liberación de libros –bookcrossing– en centros museísticos dependentes da Consellería e coas iniciativas desenvolvidas polas bibliotecas escolares. Tamén coincidindo con esta data, a Biblioteca de Galicia agasallará cun libro ás persoas que visiten este espazo da Cidade da Cultura o día 23 pola mañá. http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... n-especial
"En vez de sentir el templo como una incansable enemistad, como una agresiva fuerza mágica, trataría de hacerme amigo suyo para dejar de ser su esclavo", decía el protagonista del libro "La Catedral y el niño", de Eduardo Blanco Amor, escrito en 1948 en Buenos Aires. Y este texto es, precisamente, el empleado como base principal del espectáculo teatral "O corazón de Auria", que la Concejalía de Cultura estrenará, con motivo de la celebración del Día Internacional del Libro, el 23 de abril.
O xoves 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro. Con motivo desta conmemoración, o Consorcio de Santiago fará entrega de publicacións a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido ao longo da xornada, tanto adultos como ao público infantil e xuvenil.
Todos os exemplares que se porán a disposición dos visitantes están relacionados coa Literatura, a Arte e a Historia en Santiago. [...]
As bibliotecas e os museos autonómicos conmemoran cunha programación especial o Día do Libro
Liberación de volumes, visitas guiadas, exposicións, obradoiros e agasallos para os usuarios son algunhas das accións que promoven co gallo desta celebración
O domingo 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro. Con motivo desta conmemoración, o Consorcio de Santiago fará entrega de publicacións a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido (na Praza das Praterías), tanto adultos como ao público infantil e xuvenil. A Casa do Cabido abrirá o domingo no seu horario habitual, só pola mañá, de 11:00 a 14:00 horas.
O Goberno da Deputación promove o hábito de lectura regalando máis de 2.500 exemplares polo Día do Libro
Trátase da iniciativa do Executivo Provincial co gallo do Día do Libro, na que se entregarán aos visitantes dos 4 museos da Rede Museística e da Capela de Santa María libros ata o 30 de abril
En varios concellos desenvolverase a campaña da Deputación da CoruñaLibros para sermos libres, coa que se agasallará aos veciños con exemplares gratuítos ás 12 horas en espazos públicos. Será o caso de Camariñas (praza do Mercado), Cerceda (Campo da Feira), Corcubión (praza de Castelao), Ponteceso (Praza do Campo) e Vimianzo (Castelo), posto que en Laxe adiaron a iniciativa ata mañá.
A Deputación conmemorará o Día Internacional do Libro agasallando con máis dun milleiro de publicacións os cidadáns que visiten o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, situado na rúa Padre Amoedo, 1.
O vindeiro 23 de abril , de 10:00 a 20:00 h, estará a disposición do público visitante, de forma totalmente gratuíta, unha ampla mostra das obras editadas polo Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e o Museo de Pontevedra. Cada interesado poderá escoller, dun total de 70 títulos diferentes, un exemplar da colección.
Os museos e arquivos da Xunta súmanse á celebración do Día do Libro facendo visible o seu patrimonio bibliográfico
Entre as actividades online programadas inclúense exposicións virtuais, certames de microrrelatos e a apertura de publicacións e dixitalización de fondos