Dios e Posse Corcubion

Todo sobor das armas dos persoeiros e as súas liñaxes
Responder
jorgekorku89
Novo
Novo
Mensajes: 7
Registrado: 23 Nov 2021, 22:13

Dios e Posse Corcubion

Mensaje por jorgekorku89 »

Na casa dos Dios e Posse de Corcubión existe este escudo, cheguei a ter a todos ou case todos os seus propietarios e non coincide con ningún dos apelidos, é mais, hai cuarteis raros, A banda dos andrade ao revés e sen os dragóns, a cruz xirada, as lúas na bordura que non o ten ningún escudo, ... como moito o castelo dos alvite ou ron.

as liñaxes dos Dios y pose son as seguintes:

D. Francisco de Dios y Castro fillo de D. Domingo de Dios y Dª Dominga Posse y Leis.e Dª María Salomé Posse Bermúdez, filla de D. José Posse Bermúdez de Castro e Dª María Alonso Santillana, "de la Casa solar de la Penela".
Tiveron por fillos a:

-Ambrosio de Dios que casou con M Teresa de la concha pedrosa y calderón. Unha filla deste, María, casaría con Diego Figueroa e Porrúa
-Manuela de Dios y Pose Bermúdez de Castro Varela Miranda que casou en primeiras numpcias con Tomás Montes Ordoñez e tiveron a Jerónimo de Montes Ordoñez e en segundas con Bernardo de Ponte y andrade.
- Maria ignacia de Dios Posse y Leis que Casou con José Perez de Leira (da casa de Correáns) e tiveron a Maria salomé de Leira que casou con Manuel Isidoro del Molino valladar, Maria Francisca del socorro de leira que casou con Hilario Quintana (comerciante de sardiña e natural de llanes), Francisco de Leira e Antonio de leira y castro, rexedor perpetuo da vila de Corcubión, corsario, comerciante de sardiña, factor dos portos de corcubión e muros, vicecónsul da nacion británica e casou con Simona de Lago. A herencia non chegou a el que só tivo a do seu sogro, Salvador de Lago.

ESCUDO:
https://drive.google.com/file/d/12d8KNt ... 6D_ze/view
Responder