Ando a buscar varios linaxes, Cinza, Lourido e Tembrás.

Procuras de familiares
SoniaMP
Novo
Novo
Mensajes: 2
Registrado: 19 Feb 2023, 13:48

Ando a buscar varios linaxes, Cinza, Lourido e Tembrás.

Mensaje por SoniaMP »

Estou a elaborar a miña árbore xenealóxica e choco cós tataravós.
Por unha banda teño unha tataravoa apelidada Cinza de O Couto, o nome pode ser Gervasia , vese moi mal no único documento que atopei. E casou cun tal Juan Rodríguez tendo á miña bisavoa Carmen Rodríguez Cinza que naceu en Ferrol e foi peixeira, casada con Rogelio Rivas Lourido.
Gustaríame saber da orixe da tataravoa no Couto e se Carmen tivo máis irmás. Atopo unha Francisca Rodríguez Cinza nunha nova do Correo Galego na que aparecen xuntas nunha pelea.
E se hai máis descendentes ademais da miña avoa Maria e a irmá Carmen.

De Tembrás atopo que a orixe do meu bisavó Francisco Pereira Tembrás está en San Sadurniño pero ata aí, casado con Maria Novo de Irixoa e aparece en Ferrol alá por 1910 é dado por prófugo no Concello de San Sadurniño.
Claro Tembrás hai moitos agora no devandito concello e Pereira se o pos en Family Search aparece medio Portugal, Brasil e ata Marte.


En resumo se a alguén lle soan as referencias e pode darme datos agradecida.
Vin un post sobre Cinza pero do 2004 , non sei se a persoa aínda anda por aquí pero se sabe de tres liñaxes que parten de Ferrol encantariame saber delo.
Grazas 😊
Responder