Facendo a árbore xenealóxica acudín ó Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela, estudando á miña familia da parroquia do Divino Salvador de Erbecedo, concello de Coristanco.
No Arquivo, no libro referente ós bautizados en Erbecedo entre 1826 e 1850, vin que a miña tataratataravoa naceu en Pedro Mariño, na parroquia xa mencionada. Porén, na actualidade non existe aldea ou lugar na parroquia de Erbecedo que se chame de tal forma.
Podería ser que o topónimo evolucionase ó actual do Pumariño?
Tamén se alguén sabe dalgún libro que fale de topónimo antigos de Bergantiños, da provincia da Coruña ou de Galicia en xeral, agradecería a axuda.
Gracias : )
Pedro Mariño... ¿O Pumariño? (Divino Salvador de Erbecedo)
-
- Novo
- Mensajes: 2
- Registrado: 06 Jun 2023, 16:44