Boas tardes!!
Escribo porque, mirando polos apelidos da miña familia, vin que non aparece no listado: é o apelido Mosconi. É un apelido moi peculiar, que ata o que sabemos veu a través dun soldado de Napoleón ata a parroquia de Asados, en Rianxo.
Hai uns anos visitamos a Vila de Gandino, na Lombardía ( Italia) de onde consta que proviña o noso antepasado ( puidemos comprobalo no rexistro eclesiástico, de cando casou) a pesares de que era coñecido por todos como o Francés, xa que naquel momento da historia, a rexión lombarda pertencía a Francia.. O certo é que o apelido alí é moi común, pero aquí xa quedan cada vez menos; na miña familia directa o apelido xa está perdido.. pero varios veciños (familia lonxana, xa..)aínda o conservan..
Mosconi
- Dinuciña
- Administrador
- Mensajes: 361
- Registrado: 16 Sep 2007, 04:49
- Ubicación: Rias Baixas
- Contactar:
Re: Mosconi
Ola Ofigcas, moitas grazas pola información, xa incorporamos os datos do apelido á nosa base de datos.
Hai moitos apelidos en Galicia como este caso e para nós é imposible saber de onde vén a súa orixe, se non é polos comentarios que se fagan nos foros.
Os datos que tomamos da distribución en Galicia están sacados dos datos que posúen no ILG (Instituo dá Lingua Galega) con datos que lles pasaba o INE do censo do ano 2001, https://ilg.usc.es/cag/Controlador?busca=MOSCONI
Para ver unha distibución en Galicia máis actualizada podes consultar en IGE (Instituto Galego de Estatística) https://www.ige.gal/igebdt/onomast/apel ... cb=Mosconi
Podes consultar os datos do apelido Mosconi na nosa páxina na seguinte ligazón https://apelidosgalicia.org/mosconi-7537
un saúdo.