Estou a investigar a liñaxe de Dª Mayor Rodríguez de Puga e D. Gregorio Faxardo de Reino, señor do pazo de Reiboo (en Liñaio, concello de Negreira), e atopeime con fontes contraditorias.
En diferentes documentos e árbores xenealóxicas aparecen varias posibles esposas de D. Gregorio Faxardo de Reino, pero penso que a razón é que se confunden o avó e o neto, ambos co mesmo nome, ou pode que eu non me entere.

– Dª Mayor Rodríguez de Puga (ou Suárez de Puga)
– Dª Ana Sánchez de Ardeleiros, procedente do Pazo de Lens (Ames)
Isto é o que fun recompilando de varias fontes, entre elas a árbore de Breogán Amadeo, información deste foro e outros sitios, pero non logro concluir si eu o teño correcto:
D. Gregorio Faxardo de Reino cc Dª Mayor Rodríguez de Puga, tiveron por fillos a:
– D. Gregorio Faxardo de Puga cc Dª Catalina Núñez Padrón
– Dª Francisca Faxardo (este nome volve aparecer no linaxe)
– Dª Inés Faxardo de Puga
– Dª Eufrasia Faxardo
– Dª Catalina Suárez de Puga cc Ldo. Alonso de Puga y Junqueras
– Ldo. Antonio Faxardo
D. Gregorio Faxardo de Puga cc Dª Catalina Núñez Padrón, creo que tiveron por fillos a:
– D. Gregorio Faxardo de Reino cc Dª Ana Sánchez de Ardeleiros (con fillos Rodrigo e Antonio Faxardo Sánchez de Ardeleiros). Aquí penso que está a confusión, pois este Gregorio é confundido co seu avó.
– Dª Francisca Faxardo de Puga cc D. José de Andrade y Sotomayor, con fillo D. Rosendo Faxardo de Andrade y Sotomayor
– Dª Mencía Faxardo de Puga cc D. Antonio Sánchez de Ardeleiros, con fillas a Dª Catalina de Ardeleiros e Faxardo (señora do Pazo de Lens), Dª María Teresa de Ardeleiros e Faxardo (cc D. Álvaro de Castro) e Dª Antonia Francisca de Ardeleiros e Faxardo (cc D. Pedro Sánchez Barallobre).
Aqui podemos ver que hay outra estructura. https://xenealoxia.org/linajes/a-coruna ... s-a-coruna
Ten a Dª Mencia Faxardo de Puga como filla de D. Gregorio Faxardo de Reino, e de Dª Catalina Núñez Padrón. Eu teño como filla de D. Gregorio Faxardo de Puga cc Dª Catalina Núñez Padrón
E tamen indica que Dª Ana de Ardeleiros e Vaamonde Casou con D. Gregorio Faxardo de Puga, señor do pazo de Reiboo, fillo tamén de D. Gregorio Faxardo de Reino, e de Dª Catalina Núñez Padrón. Este matrimonio non tivo descendencia, pasando o pazo de Reiboo a agregarse os bens do pazo de Lens.
Si esta correcto entonces todo o que eu teño esta erroneo. Creo que Breogan tamen ten como o tenho eu. Mencia seria filla de Gregorio Faxardo de Puga e Catalina e D. Gregorio Faxardo de Reino(o neto) cc Dª Ana Sánchez de Ardeleiros, pero esto significaria que tuveron fillos e continuacion?
¿Alguén do foro ten información máis concreta ou fontes documentais que poidan confirmar ou corrixir esta estrutura familiar?
Agradecería moito calquera axuda, aclaración ou documento que poida servir para ordenar esta parte da árbore familiar.
Moitas grazas de antemán!