Familias do Salnés - Arousa

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
moub5
Novo
Novo
Mensajes: 9
Registrado: 17 Jun 2025, 21:27

Familias do Salnés - Arousa

Mensaje por moub5 »

Bos días,
Estou construíndo un árbol xenealóxico que abarque toda zona do Salnés/ría de Arousa, sobre todo dos concellos de Illa de Arousa, Vilanova de Arousa, Cambados, Vilagarcía de Arousa e Meis. Gustaríame que fose un árbol de todos. Estou estudando moitos dos apelidos da zona, e teño xa varios centos de familias emparentadas, desde o século XIX ata hoxe. A idea é seguir expandindo o árbol pouco a pouco. Agradecería calquer aportación, ou conectar se coincidimos en apelidos! Tamén se alguén busca información, igual podo axudar a atopar familiares comúns.

Os apelidos dos que agora mesmo teño datos e busco máis información son os seguintes:
- Abal Castro (s. XIX)
- Abal Alba (s. XIX)
- Acha Castro (s. XIX)
- Alba Castiñeira (s. XIX)
- Alba Chantrero (s. XIX)
- Amenal Rivas (s. XIX)
- Betanzos Oubiña
- Calo Martínez
- Carballa
- Carballa Cobas
- Carro Martínez
- Chantrero Sartages (s. XIX)
- Cobas
- Díaz Mariño (s. XIX)
- Diz López (s. XIX)
- Dopazo Caamaño (s. XIX)
- Faramiñan
- Faramiñán Doval/Dobal (s. XIX)
- Faramiñán Iglesias (s. XIX)
- Grobas Oubiña (s. XIX)
- Iglesias Lede (s. XIX)
- Martinez
- Martínez Abal
- Martínez Diz
- Martínez Feijóo
- Martínez Fragua (s. XIX)
- Martínez Gestoso
- Martínez Martínez
- Martínez Nuñez
- Martínez Santiago
- Martínez Santorum
- Martínez Vázquez
- Navia Martínez
- Nogueira Rivas (s. XIX)
- Núñez Díaz (s. XIX)
- Núñez Padín (s. XIX)
- Otero Oubiña
- Oubiña
- Oubiña Acha (s. XIX)
- Oubiña Doval/Dobal
- Oubiña Durán (s. XIX)
- Oubiña Faramiñán
- Oubiña Ferreiro
- Oubiña Noya (s. XIX)
- Oubiña Oubiña
- Oubiña Romero
- Oubiña Vázquez
- Pomares Viñas
- Portas Grande (s. XIX)
- Portas Torrón
- Rivas Bahamonde (s. XIX)
- Rodriguez
- Rodríguez Diz (s. XIX)
- Rodríguez Martínez
- Rodríguez Nuñez
- Rodríguez Señoráns (s. XIX)
- Rodríguez Valle
- Santiago Casas (s. XIX)
- Santiago Dopazo (s. XIX)
- Santorum Martínez
- Señorans
- Señoráns Gómez (s. XIX)
- Señoráns Grobas (s. XIX)
- Señoráns López (s. XIX)
- Señoráns Osorio
- Señoráns Oubiña (s. XIX)
- Señoráns Rivas (s. XIX)
- Señoráns Señoráns
- Señoráns Vazquez
- Torrón Gonzalez (s. XIX)
- Valle Barreira
- Valle Torrón
- Valle Vidal (s. XIX)
- Vázquez González (s. XIX)
- Viñas
- Viñas Castelo
- Viñas Martínez
- Viñas Portas
Breo-jan
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 667
Registrado: 20 Mar 2006, 09:00
Contactar:

Re: Familias do Salnés - Arousa

Mensaje por Breo-jan »

¿Eses Rivas Bahamonde cales e de onde son?
 
moub5
Novo
Novo
Mensajes: 9
Registrado: 17 Jun 2025, 21:27

Re: Familias do Salnés - Arousa

Mensaje por moub5 »

Hola! Pois polo que puiden atopar nos Arquivos Parroquiais na Arquidiócesis de Santiago, teño a tres irmás, unha sendo ancestra directa da nosa familia. Son Joaquina, Rosa e María Francisca, todas de András, pero podería haber máis irmáns. As tres son fillas de Juan Andrés Rivas e María Rosa Bahamonde, ambos tamén veciños de András. Joaquina casou con Juan Señoráns Oubiña, e tiveron polo menos tres fillos, un varón e dúas mulleres. Rosa casou con Andrés Nogueira Señoráns, e tiveron polo menos unha filla chamada María Benita (nacida no 1833). E de María Francisca sei que casou con José Manuel Amenal Valado, e tiveron unha filla chamada María Pilar.

É todo o que sei polo momento, pero quero regresar aos archivos en cando poida a indagar máis. Poderíamos ter por casualidad algunha conexión?

Un saludo!
Breo-jan
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 667
Registrado: 20 Mar 2006, 09:00
Contactar:

Re: Familias do Salnés - Arousa

Mensaje por Breo-jan »

Non era María Rosa.Era María Jacoba.Foi bautizada María Jacoba Ana Micaela Bárbara.Ainda que a madriña sí que se chamaba Rosa.Foron os seus padriños D.Miguel Inclán,do pazo da Rúa Nova e a súa muller Dª.Rosa Malvido.Naceu o 15-7-1765 e o bautizo foi o 16,en Sobrán.Filla de D.Gaspar Baamonde Lamas y Seijas, (+ en decembro de 1793 no lugar de Renza,en Sobrán,fixo testamento ante Joaquín Torrado,escribán de número da xurisdicción de Sobrán) e de DªJosefa López de Pedrosa,casados en Sobrán a 2-6-1764.Neta por parte de pai de D.Manuel López Baamonde,sepultado o 2 de abril de 1744 en Sobrán e da súa muller Dª.Francisca de Lamas y Seijas filla esta do Dr.D.Francisco de Lamas e da sua muller Dª.María Jacinta de Seijas.Neta por parte de nai de D.Andrés López de Sotomayor e de Dª.María Josefa de Pedrosa.D.Andrés López de Sotomayor era fillo de Juan López e de Francisca Carreira,casados 3-6-1673 en Verducido (do bispado de Tui,e actual concello de A Lama).Dª.María Josefa Pedrosa era filla de D.Benito Antonio de Pedrosa Solloso Marzoá,que tras quedar viuvo foi cura de San Miguel de Deiro,e da súa muller Dª.Catalina Úrsula de Prado y Sotomayor (+1705,fixo testamento que pasou ante D.Carlos Cicerón),que casaran en András a 2-9-1687.D.Juan Andrés,naceu o 12-4-1762 e foi bautizado o 13 en András.Era fillo natural de D.Domingo Alonso de Rivas (n. o 9 e b o 13-4-1727 en András) e de Dª.Benita Prego (n.o 10-5-1732 e b.o 14-5-1732 en András e sepultada o 5-11-1762 en András).Dª.Benita Prego era neta por parte de pai de Dª.Mariana de Prado,irmá da Dª.Catalina de Prado,así que Juan Andrés Rivas e a súa muller María Jacoba Baamonde eran primos terceiros (parentes en 4º grao de consanguinidade).
 
Breo-jan
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 667
Registrado: 20 Mar 2006, 09:00
Contactar:

Re: Familias do Salnés - Arousa

Mensaje por Breo-jan »

En canto ás súas fillas e fillos, a Joaquina,debe de ser a quie foi bautizada como María Joaquina a 29-3-1803 e a Rosa (se non era a María Francisca ou non sei se no serían a mesma),a bautizada como María Rosa Francisca Vicenta a 16-12-1796.O casamento con Andrés Nogueira Señoráns foi o 19-3-1814.Outra irmá era María Isabel del Carmen n.18-10-1792 e b.o 19,casada o 2-2-1818 con José Ramón Ochoa y Prado,que era tataraneto de D.Baltasar de Prado,irmán de Dª.Mariana e Dª.Catalina de Prado,tataravoas da súa muller.Irmán delas era Juan Manuel,b.5-6-1799.
 
moub5
Novo
Novo
Mensajes: 9
Registrado: 17 Jun 2025, 21:27

Re: Familias do Salnés - Arousa

Mensaje por moub5 »

Vexo que tes moita información sobre este linaxe! Como fuches capaz de atopar todos estes datos? Eres por casualidade descendiente desta rama tamén? O que comentas é moi interesante, porque pola nosa familia sempre se dixo que esta rama era a dos Estudiantes, que tiñan moitas terras e propiedades na época, aínda que sempre o atribuimos ao apelido Señoráns. De feito, polo que sei poseían moitas terras e casas en Solobeira e no Sixto, na Manga en András, no Cabreiro en Tremoedo, en Baión e Rubianes… esta rama procede da Manga.

O que sí me pregunto, co nome de María Rosa/María Jacoba, cres entón que podería ser unha errata? Só teño as partidas de nacemento dos netos, quero ir buscar as dos ancestros tamén. Nas partidas de tanto María Virtud Rosalía coma Modesta Señoráns Rivas, figura o nome Rosa como avoa materna. Nos de Joaquín, e máis Mª Benita Nogueira Rivas e Mª Pilar Amenal Rivas, figura, sen embargo, o nome de María. Por deducción estimei que o seu nome sería María Rosa, pero podería ser unha equivocación. Curiosamente, tamén tes os datos de Andrés Nogueira, polo que evidentemente non parecería ser unha irmá tampouco.

O que si sei certo, e que nas partidas de nacemento de Mª Benita e Mª Pilar figuran pais diferentes, polo que si hai dúas irmás. Ademáis, María Pilar naceu o 22 de marzo de 1833, e María Benita o 5 de outubro do mesmo ano. Tendo en conta que os avós maternos polo demáis coinciden, non é posible que naceran as dúas da mesma persoa. A pregunta sería entón, se María Rosa Francisca Vicenta se corresponde con “Rosa” ou “María Francisca”.

Outra cousa na que me fixei é que a herencia dos apelidos que mencionas non sempre coinciden con como nos acostumamos a transmitilos, o caso de Gaspar Baamonde e seu pai Manuel López, por exemplo. De nobleza e linaxes entendo máis ben pouco, sería esta unha elección consciente para pasar un linaxe, e, de ser así, por que non ten D. Manuel o apelido Baamonde de primeiro?

Agradezo moito a túa información! Agora o meu árbol é algo máis extenso, e coñezo algo máis acerca da procedencia da miña (nosa?) familia. Se tes máis datos sobre os pais de Benita Prego, ou dos cónxugues e descendientes dalgúns dos Señoráns Rivas, agradecería contactar, por aquí ou en privado. A ver se pronto vou eu tamén ao arquivo de novo, e regreso con máis datos para actualizar o foro.
Breo-jan
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 667
Registrado: 20 Mar 2006, 09:00
Contactar:

Re: Familias do Salnés - Arousa

Mensaje por Breo-jan »

O meu avó Manolo naceu en Corón,e a súa nai tamén.Os dous avós desa bisavoa miña naceron en András.Un deles,Fermín Álvarez (n.1810),era fillo de Alonso Álvarez e de Isabel Rivas (n.1782),e esta era filla de Domingo Antonio de Rivas (1721-1793),que era fillo de Lorenzo Rivas (ou da Riva) y Silva(n.1685),que era tío do Domingo Alonso de Rivas (n.1727),xa que era irmán do seu pai Basilio (1690-1754).O outro avó da miña bisavoa Isolina (Corón (Caleiro),1888-1982) foi Carlos Cores (n.1821),fillo de Francisco de Cores (n.1793) e Manuela de Cores (n.1788),que era filla de Bernardo de Cores (n.1761) e de Juana González (n.1760),que era filla de Luis González e de Manuela Miguéns (n.1729),esta última filla de Fernando Miguéns Catoira e de Gaspara Prego (de Montaos),tía desa Benita Prego,xa que Benita era filla de (D.)Carlos Prego de Montaos y Mendoza,da casa de Tapedello,un dos irmáns de Gaspara,que é nomeado no Catastro do marqués da Ensenada entre os fidalgos da parroquia e como ''hidalgo y estanquillero''.A nai de Benita foi Dª.Jacinta de Moure (ou Villamoure) y Varela,filla de Antonio Jacinto de Moure e de Mariña Varela de Sanabria,que disque eran donos da granxa de Corbillón e da casa das torres de Freixeiro en Cornazo,xa desaparecidas supoño estas torres,porque nos anos 80 do século pasado parece que só quedaban delas unhas ruínas ou cachos.Poida que tamén teñamos antepasados en común pola parte de Nogueira e Señoráns.Andrés Nogueira Señoráns parece ser que saíra de Saradelo,en Caleiro tamén,e o seu fillo,Francisco Nogueira y Ribas casou con Francisca Señoráns,que era filla de Alonso Señoráns e de Joaquina López-Carro,que eran precisamente veciños do lugar da Manga.Estes tiveron polo menos un fillo,Miguel Nogueira Señoráns,que naceu en 1867 e tivo por padriños a ''Miguel Pintos y su mujer Pilara Amenal''
 
moub5
Novo
Novo
Mensajes: 9
Registrado: 17 Jun 2025, 21:27

Re: Familias do Salnés - Arousa

Mensaje por moub5 »

Moi interesante, parece que todas estas familias únense varias veces en diferentes puntos na historia! Polo que comentas, Francisco Nogueira Ribas e Francisca Señoráns López (n. 29-07-1835) son familia política, sobriños do matrimonio de Joaquina Rivas Bahamonde e Juan Señoráns Oubiña. Joaquina era, pois, a irmá María Rosa Francisca, a nai de Francisco. Juan Señoráns Oubiña era o irmán de Alonso, o pai de Francisca. O nome de Joaquina López Rego tamén aparece no certificado de nacemento da súa filla Francisca e irmáns. Os pais de Joaquina chamábanse Felipe López Carro e Rosa do Rego, ambos tamén de András. Coñezo tamén a varios irmáns de Francisca Señoráns López: María Vicenta (n. 13-03-1838), Jesús Ángel (n. 13-05-1840), e José Ramón (n. 11-06-1848). Non sei máis acerca das datas de falecemento, cónxugues e descendencia. A nosa familia descende do matrimonio entre Joaquina Rivas e Juan Señoráns. Tiveron tres fillos varóns: Joaquín (asesinado na Guerra Civil), Manuel (o máis novo, con descendencia en Rubiáns) e Juan, o meu tataravó. Un saúdo!
Breo-jan
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 667
Registrado: 20 Mar 2006, 09:00
Contactar:

Re: Familias do Salnés - Arousa

Mensaje por Breo-jan »

Joaquín,Manuel e Juan,¿de quen eran fillos e cando naceron?¿A Guerra Civil qué guerra era?¿a do 1936?Se era fillo de Juaqn Señoráns e de Joaquina Ribas,que nacera en 1803 debía de ser moi vello,sobre 100 anos,¿non?.Felipe López-Carro e María Rosa do Rego casaron a 20 de maio de 1799.Ela era filla de Ignacio do Rego e Josefa de Baión,e Felipe era de Miguel Carro e de María Josefa Núñez,que casaron en András a 2 de marzo de 1764 ainda que viviron en Corvillón,de onde era él,fillo de Benito Carro e Ignacia de Oubiña,e María Josefa Núñez era filla Silvestre Núñez Taboada e Caetana de Cores,velados a 28 de xaneiro de 1739.Silvestre Núñez-Taboada foi carpinteiro,e era fillo de D.Pedro Taboada e Antonia Varela de Gil Taboada,veciños de Anseán,na terra de Deza.E Caetana foi bautizada en András o 19 de novembro de 1707,e era filla de Patricio de Cores (bautizado a 17 de marzo de 1673) e de Catalina de Outeiro y Cabarcos (+1753),casados en András (1697 teño anotado pero non seo se poderíac ser 1696).Patricio era fillo de Gregorio de Cores e de Dominga de Camiña.Catalina era filla de Benito de Outeiro e de Antonia Patiño de Cabarcos,irmá do cura D.Felipe Patiño de Cabarcos,fillos de Francisco Patiño e Inés Fiel dec Cabarcos,que casaron a 23 de novembro de 1633 e foron velados a 4-3-1641 en Sisán.Catalina de Outeiro era irmá de Dª.Inés María Patiño de Cabarcos,que casou en primeiras nupcias en András a 10 de novembro de 1696 co escribán D.Francisco Mosquera de Caamaño,fillo do tamén escribán Alonso Mosquera de Caamaño e de María Fernández de Moure y Temes,veciños de Godos e foron pais D.Francisco e Dª.Inés María de Josefa Mosquera y Patiño bautizada a 30 de xaneiro de 1703 en András que casaría a 26 de decembro de 1719 con D.Basilio da Riva y Silva (1690-1754) e tiveron ademáis doutros fillos a Domingo Alonso de Rivas.
 
Breo-jan
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 667
Registrado: 20 Mar 2006, 09:00
Contactar:

Re: Familias do Salnés - Arousa

Mensaje por Breo-jan »

O pai de Gaspar era Manuel López Baamonde,o López andaría xunto co Vaamonde dende faría a saber canto,igual ou parecido ao que pasaba cos López Carro.Ou o D.Pedro Taboada,que sería Núñez-Taboada,pero neste caso polo menos,o apelido de verdad ou principal era o de Taboada.
 
moub5
Novo
Novo
Mensajes: 9
Registrado: 17 Jun 2025, 21:27

Re: Familias do Salnés - Arousa

Mensaje por moub5 »

Primeiro de todo, moitísimas grazas por todos os datos que compartiches!! Grazas a toda esta información, puiden seguir investigando, e xa engadín a medio millar de persoas máis ao árbol! Teño moito traballo por diante, pero conto con actualizar o foro cunha lista máis de apelidos, para seguir expandindo.

Polo que puiden investigar, parece que todas estas familias proceden da zona de Sobrán, en Vilagarcía, e son descendientes últimamente dos Sotomayor/Soutomaior, unha das familias nobles máis poderosas de Galicia na Idade Media, e residentes tamén no pazo de Soutomaior. É posible, de feito, que Doña Catalina Úrsula de Prado y Soutomayor sexa descendiente en varias xeneracións do irmán de Pedro Madruga, Diego Álvarez de Sotomayor?? De ser así, temos moitísimas ramas das que tirar.

Con respecto a Juan, Joaquín e Manuel, tes razón, salteime unha xeneración. María Joaquina Rivas Bahamonde e Juan Señoráns Oubiña tiveron polo menos tres fillos que conozo, e que xa mencionei arriba, Modesta (n. 23-01-1833), María Virtud Rosalía (n. 14-03-1837), e Joaquín Señoráns Rivas (n. 08-04-1840). Joaquín Señoráns Rivas casou con Joaquina Vázquez González (n. aprox. 1855 tamén en András), filla de Manuel Vázquez e Rosa González. Xuntos, tiveron a tres fillos, todos nacidos en András: Joaquín (n. 13-01-1889, e asesinado no 04-09-1936 en Troáns, Cuntis, polo bando nacional na Guerra Civil do 36), Juan (n. 13-03-1892, d. 18-03-1964 en Tremoedo), e Manuel Señoráns Vázquez (n. 1893, d. 30-08-1976 en Rubianes). Joaquín casou con Elvira Señoráns Serantes (n. 15-05-1889 en András, d. 30-03-1962 en András), filla de Joaquín Señoráns González (n. 1858 en András) e Teresa Señoráns Serantes (n. 1868 en András). Neta por parte de pai de José María Señoráns e Joaquina Carro, e por parte de nai de José Serantes e Vicenta Álvarez Padín. Probablemente estos catro últimos estivesen emparentados dalgunha forma cos pais de Felipe López Carro ou outra das familias das que falamos? É posible, pero o desconozco. Juan casou con Manuela Oubiña Faramiñán (n. 30-04-1898 en Solobeira, d. 01-01-1938 en Tremoedo), filla de Ramón Oubiña Acha e Rosa Faramiñán Iglesias. E Manuel casou con Carmen Romero Otero (n. aprox. 1900, d. 03-06-1970).

Como fuches capaz de atopar información previa ao 1700-1750? Pensaba que as partidas bautismais só alcanzaban ata finais do século XVIII, no mellor dos casos, das parroquias das que comentamos. Igual podo axudar tamén a buscar descendientes en común dalgunhas destas ramas que comentamos. Un saúdo.
moub5
Novo
Novo
Mensajes: 9
Registrado: 17 Jun 2025, 21:27

Re: Familias do Salnés - Arousa

Mensaje por moub5 »

Unha cousa na que me acabo de fixar, según os datos que aportas, Benita Prego faleceu con 30 anos. Sabes que lle sucedeu?
Felipe Álvarez
Mozo
Mozo
Mensajes: 17
Registrado: 30 Ago 2023, 13:06

Re: Familias do Salnés - Arousa

Mensaje por Felipe Álvarez »

Ola, que tal? Pareceme moi boa idea a intención que tes de realizar unha árbore xenealóxica para o Salnés. Eu son do Grove e de alí son a maioría dos meus antepasados, pero teño algún na maioría dos concellos do Salnés.

Xa que falachedes deses Rivas, supoño que será casualidade pero eu descendo de dous irmáns nados en San Martiño do Grove, Manuel e Benito Álvarez Rivas (este último bautizado o 12/01/1804) sendo fillos de Francisco Álvarez e de Rosa Rivas. Eran avós paternos José Álvarez e Josefa de Souto, defuntos, veciños de San Esteban de Tremoedo (no concello de Vilanova de Arousa, de alí a miña dúbida), e foron avós maternos José Rivas e Polonia da Fonte, defuntos, veciños de San Pedro de Lantaño (concello de Portas que creo que limita co de Vilanova). Era para saber se estes, ben os Álvarez ou os Rivas tiñan algo que ver dos que falavedes.

Outra cousa, eu descendo do matrimonio entre Domingo Durán e María García Chantrero (apelido este último que mencionas no teu post) casaron en Santa Cruz de Castrelo, concello de Cambados, o 23/07/1702, sendo María filla de Bastián García Chantrero e de Francisca Martínez, ambos falecidos. Non sei se saberás algo destas persoas.

Moitas grazas aos dous
Breo-jan
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 667
Registrado: 20 Mar 2006, 09:00
Contactar:

Re: Familias do Salnés - Arousa

Mensaje por Breo-jan »

Hola,¿qué tal estades?Perdón por non escribir antes.Ando un pouco líado estes días.Conseguín novos datos.A ver se os paso na seguinte mensaxe.Respondendo ás preguntas,pois anotei os datos principais da partida de defunción de Dª.Benita Prego,e apenas di que é solteira e filla dos seus pais.Non sei a causa,na partida non a decía,polo que mirei,penso que puido ser por complicacións despóis do parto,algo que non era moi raro daquela,pero non sei.En canto ás datas das partidas de bautismo e de casados dos libros de András,hai dende mediados do século XVII,cerca de 1650 en diante.E no referente á relación de Dª.Catalina Úrsula de Prado cos Soutomaior,pois a súa nai era Dª.Mariana de Prado (de Prado y Gayoso/de Prado y Mendoza/de Prado y Lobera),e a nai de Dª.Mariana de Prado era Dª.Catalina de Mendoza (ou de Lobera/ou de Mendoza Lobera Sotomayor... até nalgún documento é chamada simplemente ''Catalina de Outeiro''),e a nai de Dª.Catalina era Dª.Mayor de Mendoza (ou Dª.Mayor de Mendoza y Sotomayor),e esta era irmá deD.Cristóbal Mariño de Lobera,señor da casa da Serra,que foi avó do 1º marqués da Serra e do 1º marqués de Mariño.Dª.Mayor e D.Cristóbal eran fillos de D.Payo Mariño de Lobera,señor da casa da Serra e da súa muller Dª.Ana de Sotomayor y Zúñiga (ou de Montenegro),que era filla de D.Fernando de Montenegro (Sarmiento y Sotomayor) e de Dª.Mayor de Mendoza y Sotomayor,esta última irmá de D.Rodrigo de Mendoza y Sotomayor,señor de Vilagarcía e pai de D.Mauro de Mendoza Sotomayor y Caamaño,1ºmarqués de Vilagarcía.D.Fernando de Montenegro (+1577) era señor de Albeos,e outras terras que herdou da sua nai e a ela lle tocaran pola casa de Soutomaior (herdadas do seu pai,despóis das particións cos seus irmáns) e da casa-torre de Trabanca da Pedra que herdou do seu pai.Era D.Fernando (ou Hernando) fillo de Lope de Montenegro Sarmiento ''o Mozo'' e de Dª.Ana de Sotomayor,neto por pai de Lope de Montenegro Sarmiento ''o Vello'' e da súa muller Constanza López de Cordido e neto por nai de D.Álvaro de Sotomayor,que morreu nunha rúa de Valladolid no medio dun ''alboroto'',ano de 1495,e de Dª.Inés Enríquez de Monroy que tamén morreu asasinada,neste caso por vasalos do seu fillo Pedro,en 1518.D.Álvaro era fillo de ''Pedro Madruga'' e da súa muller Dª.Teresa de Távora.
 
Breo-jan
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 667
Registrado: 20 Mar 2006, 09:00
Contactar:

Re: Familias do Salnés - Arousa

Mensaje por Breo-jan »

En canto a Dª.Mayor de Mendoza e o seu irmán D.Rodrigo,eran fillos de Álvaro de Sotomayor y Mendoza,señor do pazo de Vista Alegre en Vilagarcía, e de Dª.Mayor de Zúñiga,netos por pai de García de Caamaño (ou Rodríguez de Caamaño),señor de Vilagarcía e Rubiáns e da súa muller Constanza Sánchez de Bendaña,e por nai de Vasco Ozores,señor da casa de Teáns,cerca de Salvaterra e da súa muller Ana Páez de Sotomayor y Zúñiga,esta disque filla de Diego de Reinoso e de Dª.Mayor de Sotomayor,esta tamén,disque,filla de ''Pedro Madruga'',e disque lexítima,pero non o teño totalmente claro,pois parece,de non ser outra co mesmo nome,ter estado casada tamén en Portugal,agora non recordo a orde dos casamentos,non sei se cuadra ben cronolóxicamente...Seguindo co García de Caamaño,era fillo doutro García de Caamaño,que foi o fundador de Vilagarcía como tal (1462) e da súa muller Inés de Mendoza y Sotomayor,eta filla de Suero Gómez de Sotomayor,neta de Payo Gómez de Sotomayor ou Soutomayor e de Dª.Mayor de Mendoza,bisneta de Diego Álvarez de Soutomaior e de María Álvarez e tataraneta de Fernán Eanes de Soutomaior,que era tamén tataravó de ''Pedro Madruga'' así como pai de Payo Sorred de Soutomayor,que foi pai de Dª.Teresa de Soutomaior,que foi nai de Dª.María Sarmiento,que foi nai de Lope de Montenegro Sarmiento ''o Vello''.Álvaro de Sotomayor y Mendoza foi irmán de Dª.Clara de Mendoza,que casou con Pedro Álvarez Mariño de Valladares,señor da casa da Serra e foi fillo destes D.Cristóbal Mariño de Lobera,tamén señor da casa da Serra,que casou con Dª.Teresa de Pazos Montenegro e foron os pais de D.Payo Mariño de Lobera,tamén señor da casa da Serra e marido de Dª.Ana...Dª.Teresa de Pazos Montenegro era filla de Tristán de Montenegro,señor de Mourente,etc. e de Dª.Sancha de Lobera y Pazos e neta por pai de Pedro Cruu e de Teresa Sánchez de Montenegro,que era tamén filla de Lope de Montenegro Sarmiento ''o Vello'' (ou ''el viejo'',como din os papéis)
 
Breo-jan
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 667
Registrado: 20 Mar 2006, 09:00
Contactar:

Re: Familias do Salnés - Arousa

Mensaje por Breo-jan »

Imagen aquí,unha testemuña afirma que ''Dª.María Ana de Prado Gaioso y Mendoza Madre de el Dn Manuel Prego hera hija lexítima de Don Antonio de Prado y Gayoso y de Dª.Cathalina de Mendoza;esta hixa de DªMaior de Mendoza,que estubo casada con DnJoseph Caamaño señor de el Pazo y Jurizdicion de Rubianes...''
Adjuntos
damaiordemendoza.png
 
Breo-jan
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 667
Registrado: 20 Mar 2006, 09:00
Contactar:

Re: Familias do Salnés - Arousa

Mensaje por Breo-jan »

Imagenesta é a partida de bautismo de Esteban,fillo primoxénito de D.Nuño e Dª.Mariana,sucesor na casa e vínculo e morgado de Tapedello,foron os seus padriños D.Francisco e Dª.Teresa,que eran fillos do ''sr'' conde de Maceda D.Bernardino (2º conde de Maceda) e foi bautizado polo rector Phelipe Patiño de Cabarcos,que firma Imagen
partidacasamientodednunopregoydmarianadeprado 001.jpg
e aquí a do casamento dos seus pais
Adjuntos
partidadebautismodedestebanprego 001.jpg
 
Breo-jan
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 667
Registrado: 20 Mar 2006, 09:00
Contactar:

Re: Familias do Salnés - Arousa

Mensaje por Breo-jan »

Saiume mal a edición,a do bautismo é a de abaixo (30-3-1682) e a do casamento a denrriba (29-3-1682),o casamento a víspera do bautizo do fillo,parece que foi ''de penalty'' a cousa...
 
Responder