Gando - Ogando

Procuras sobor de apelidos ou temas relacionados
Responder
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Gando - Ogando

Mensaje por maviac »

Podes, Milleiro, ser mais explícito sobre a existencia desa antiga freguesía de Santa María do Gando ou do lugar da Casa de Gando? Onde estarían ou a qué parroquia actual correspondería esa antiga parroquia? Estamos a falar dunha localización dos mesmos na Terra de Montes?
Cumprimentosl
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

Ola Maviac,

Si ves nos documentos do Arquivo do Reino de Galiza, no referente á palabra GANDO aparecen varios expedentes que falan dunha "CASA DO GANDO" e dunha freguesia chamada "Santa Maria de Gando":

3. EL CABILDO DE LA CATEDRAL DE LUGO CON PEDRO HURTADO, SOBRE REIVINDICACION DEL LUGAR DO PAZO DO CARVALLO DE GANDO EN STA. MARIA DE GANDO . 1549 a 1833 A REINO DE GALICIA

Isto non quere dicer que sexan estes lugares a SUPOSTA orixe toponímica que eu penso pode ser para o apelido Ogando. Dentro da microtoponimia galega, de seguro pode haber outros lugares chamados O GANDO.

O meu comentario ven a colación por un debate que hai en varios tópicos abertos sobre a orixe deste apelido, que algúns consideran de orixe euskalduna e outros de orixe castelá. Sen negar que poidera haber outras orixes non galegas, penso que é evidente unha orixe netamente galega e posibelmente de maior proporción no estado español. Até de agora, os que defenden unha orixe foranea para os Ogando de Galiza non amosan documentos que acrediten o fixamento de persoas con este apelido en Galiza.

Non sei si che sirve esta explicación.

Un saudo

Xavier
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Mensaje por maviac »

As miñas perguntas ian dirixidas á posible constatación de que ese lugar Casa do Gando e a parroquia de Sta María do Gando estivesen na zona en que hai mais concentración de Ogandos, entre Beariz e A Estrada, pouco mais ou menos. Parece que non á vista das referencias que das, pero supoño que sería cuestión de procurar ese topónimo menor na zona dos Ogandos de hoxe. Como teño dito en outra ocasión a colaboración dun natural da bisbarra interesado nestas cousas podería servir de axuda; entretanto.... a esperar.
Cordialmente
Responder