DUYOS
Significado:
Non sei o significado de este termo.
Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica.
Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de A Coruña atopamos 19 persoas, nos concellos de Padrón e Santiago.
- Provincia de Pontevedra atopamos 5 persoas.
Non se atoparon persoas nas provincias de Lugo e Ourense.
- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Madrid, Valencia, Asturias, Alacante, Tenerife, etc. Un total de 67 persoas atopamos co apelido DUYOS.
- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en A Coruña 8 aboados . Un total de 45 aboados atopamos con DUYOS de primeiro ou de segundo apelido.
TOPONIMIA:
No se atopa en Galicia.
DOCUMENTOS do A.R.G.:
Non se atoparon documentos.
Fontes: Infobel España 2004 (Guía Telefónica), Arquivo do Reino de Galicia, Diccionario Cumio da Lingua Galega, e outras.
Autor: Sic-ario
Opinión persoal de Milleiro.- É dificil darlle unha orixe a este apelido. No concello Asturiano de Caravia existe un lugar chamado Duyos. Si ten unha orixe galega, haberia que ver na microtoponimia algún lugar chamado Duios ou secadra ben poderia vir do topo Duio (Fisterra). Non teño constancia de familias e pedras armeiras para familias con este apelido na Galiza.




