Pasados uns anos dende a miña primeira nota, sobor dos Viladóniga, gostaríame ampliar un pouco a información dispoñible.
I.- Pedro de Viladóniga, veciño de Malados, en Cerdido, aparece como testemuña nun pelito de Juan de Piñón da Viladesuso en 1574, quen era presumiblemente o seu cuñado. Casado entón cunha filla de Gonzalo de Piñón tivo por fillo a:
II.- Pedro de Viladóniga do Lugar do Freis. Tiveron moita mais descendencia masculina e femenina, xentes que aparecen nos primeiros apuntes dos libros de casados e bautizados, da parroquia de Cerdido, sin que de momento poidamos precisar a súa relación de parestesco. Pedro casou cunha señora da familia da Torre, e tiveron por fillos a:
III.1.- Jacob da Torre, tamén apelidado de Viladóniga, e a:
III.2.- Catalina da Torre, casada con Pedro de Piñón, fillo de Estevo de Piñón, Xuez de Malados e María Fernández.
III.3.- Isabela de Viladóniga, casada con Pedro García.
Jacob tivo presumiblemente por fillo a Domingo da Torre quen casou con Loisa Fernández de Piñón, deixando abundante familia apelidada da Torre en Cerdido.
Catalina e Pedro de Piñón foron pais de:
IV.1.- Domingo de Piñón. Licenciado e presbítero. Aparece asinando moitos dos bautizos do Libro I de Cerdido.
IV.2.- María da Torre, casada con Andrés de Aneyros.
IV.3.- Pedro de Piñón da Torre, alcalde de Malados.
IV.4.- filla descoñecida.
A familia Viladóniga ten dúas ramas no século XVII, a chamada do Freis que acabamos de anotar e a chamada de Riovello, dous dos nomes dos lugares que tiveron en propiedade.
De ístas dúas casas proceden a meirande parte dos Viladónigas, despois chamados Villadónigas, dos cotos de Cerdido, Malados, Mera, Montoxo etc.
Comentarios a Viladóniga
- lamigueiro
- Foreiro Maior

- Mensajes: 344
- Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
- Ubicación: Ferrol
- Contactar:
Comentarios a Viladóniga
Lamigueiro ©
- Meu estimado Lamigueiro:
- Certo todo o que dis sobre os VILADÓNIGA. Pero, ...., ¿non estás a esquencer o topónimo -e apelido tamén- VILADÓNIGA en SERANTES (Ferrol)?. Pódoche asegurar -hoxe non categóricamente, por canto non teño a documentación precisa a mán- que nos séculos XV-XVI-XVII hai persoeiros apelidados VILADÓNIGA / DE VILADÓNIGA en relación lóxica co topónimo deste lugar ou rueiro de Serantes. En fín, ó peor "meto a pata" e xa falaches nunha mensaxe anterior sobre Viladóniga, de Serantes. Si é así, pídoche desde xa disculpas e dou por nulo e de ningún valor -como dicían nos documentos antigos- este meu comentario.
- Asimesmo, coido lembrar -inda que aquí falo sin base documental e só coa memoria, que sempre falla- que hai outros topónimos VILADÓNIGA/VILADÓNEGA espallados por Galicia.
- Un saúdo.

Viladóniga de Serantes
Saudos Veremudus,
Ben é certo que eu trato dos Viladóniga de Cerdido, xa que para non espallarme -e perderme- sempre trato de falar das familias que eu, coñezo a través da información que poida dispoñer. Viladónigas, hainos moi antigos, en Cedeira, Sedes, Vilaboa, etc.
Algún día quixera comenzar a investigar a miña rama materna, orixinaria toda de Serantes, supoño que terei entón ocasión de aproximarme a historia daquelas terras.
Mandoche un saudo

- Ola LAMIGUEIRO:
- Cando queiras, si podo e está na miña mán, axúdoche no tema dos teus ascendentes de Serantes. Inda que, seguramente, ti tes tódolos datos e eu ningún ... De tódolos xeitos, prégoche disculpas por canto me comprometín contigo a mirar certos datos que che interesaban no ARG e, a pesar de que fun en varias ocasións, abandonei o tema. En próxima ou próximas visitas -en breve- prometo firmemente ocuparme da cuestión.
- Saúdos.