Buela

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
Sic-ario
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 141
Registrado: 28 Nov 2004, 09:00
Ubicación: Pontevedra (España)
Contactar:

Buela

Mensaje por Sic-ario »

BUELA

Significado:
Buela=Pequena abertura que serve de respio nas cortes ou ben de saída do fume.
Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica.

Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de A Coruña atopamos 101 persoas, nos concellos de Padrón, Teo e Ames.
- Provincia de Pontevedra atopamos 47 persoas, no concello de A Estrada.
Non se atoparon persoas co apelido BUELA nas provincias de Lugo e Ourense.

- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Cádiz, Barcelona, Madrid, etc. Un total de 221 persoas atopamos co apelido BUELA.

- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en A Coruña 73 aboados. Un total de 146 aboados atopamos con BUELA de primeiro ou de segundo apelido.

TOPONIMIA:
Soamente atopamos o lugar de BUELA, na parroquia de San Miguel de Rarís, no concello de Teo (A Coruña).

DOCUMENTOS do A.R.G.:
CONVENTO DE STO. DOMINGO DE LA CORUÑA Y D. JACOBO GARCIA, CURA DE S. PEDRO FIZ DE VIJOY, CONTRA D. JUAN DOMINGO BUELA , CURA DE ROIS, SOBRE REAL AUTO ORDINARIO POR PERTURBACION EN EL PERCIBO DE DIEZMOS DEL TERRENO NOMBRADO PUMAR DO TARRIO. AÑO DE 1522 a 1833.

EL CONDE DE ALTAMIRA Y SU CURADOR, CON FERNANDO DE PAZOS Y BUELA Y CONSORTES, SOBRE REIVINDICACION DE LOS LUGARES DE CABERTA. AÑO DE 1730.

JUAN RODRÍGUEZ DE MOINO, NOTARIO, CON EL MAESTRO CIBRAN, RECTOR DEL COLEGIO DE FONSECA, SOBRE ENTREGA DE UN PROCESO DE PLEITO DISPUTADO ENTRE EL BACHILLER BUELA Y OTROS, SOBRE UNA CARDENALIA EN SANTIAGO. AÑO DE 1586.

Hai mais documentos.

DOCUMENTOS do ARQUIVO XERAL DE INDIAS:
RELACIÓN DE MÉRITOS Y SERVICIOS DE JUAN DE PAZOS Y BUELA, CAPITÁN DE INFANTERÍA Y DE CORAZAS, SIRVIÓ EN GALICIA. AÑO DE 1661.

RELACIÓN DE MÉRITOS Y SERVICIOS DE JUAN PAZOS Y BUELA, CAPITÁN DE CABALLOS CORAZAS, SIRVIÓ EN FLANDES Y CATALUÑA. AÑO DE 1655.

AUTOS SOBRE LOS BIENES DE JOSÉ DE BUELA, NATURAL DE SAN PEDRO DE CARCASIA, EN GALICIA, HIJO DE PEDRO DE BUELA Y DE CATALINA DE CAJARAVILLE, DIFUNTO EN VERACRUZ. AÑO DE 1770.

DOCUMENTOS do ARQUIVO DA REAL CHANCELERÍA DE VALLADOLID:
Non se atoparon documentos co apelido BUELA.

Fontes e Bibliografía : Páginas-Blancas de España, Infobel España 2004 (Guía Telefónica), Telecom de Portugal (apelidos paternos e maternos), Arquivo do Reino de Galicia, Arquivo Xeral de Indias, Arquivo da Real Chancelería de Valladolid, AER (Archivos Españoles en Red), Diccionario Xerais, Diccionario Cumio da Lingua Galega, GEG (Gran Enciclopedia Galega) e outras.
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 248
Registrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Mensaje por Tito11 »

Buela é un apelido antigo de orixe toponímica. Buela é un lugar de San Miguel de Raris, no concello de Teo, ou no de Vedra, non estou moi seguro. De ali saeu por exemplo Thomé de Buela casado con María Miguez en San Xoan de Ortoño, cara 1650. Era fillo de Domingos de Buela e María de Buela, outros irmans asentaronse en Teo, e Muros. Grande parte das familias que levan este apelido no val da Maía son descendentes de este Thomé de Buela.
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 248
Registrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Mensaje por Tito11 »

Habia un canonigo da igrexa compostela, co apelido Buela, cara 1524, aparece nas contas do Real Hospital dos Reis Catolicos, como vendedor e grao.
Responder