Tuñas

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Avatar de Usuario
Sic-ario
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 141
Registrado: 28 Nov 2004, 09:00
Ubicación: Pontevedra (España)
Contactar:

Tuñas

Mensaje por Sic-ario »

TUÑAS

Significado:
Non sei o significado de este termo.
Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica do lugar de TUÑAS, na parroquia de San Vicenzo de Aro, no concello de Negreira (A Coruña).

Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de A Coruña atopamos 524 persoas, nos concellos de Negreira, Mazaricos e Outes.
- Provincia de Lugo atopamos 15 persoas.
- Provincia de Pontevedra atopamos 13 persoas.
So atopamos 10 persoas na provincia de Ourense.

- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Madrid, Barcelona, Xirona, Las Palmas, Cádiz, etc. Un total de 672 persoas atopamos co apelido TUÑAS.

- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en A Coruña 263 aboados. Un total de 346 aboados atopamos con TUÑAS de primeiro ou de segundo apelido.

TOPONIMIA:
Soamente atopamos o lugar de TUÑAS, na parroquia de San Vicenzo de Aro, no concello de Negreira (A Coruña).

DOCUMENTOS do A.R.G.:
EL CONDE DE ALTAMIRA Y SU CURADOR, CON PABLO DE TUÑAS Y OTROS, SOBRE REIVINDICACION POR EL LUGAR DE TRECE EN S. MARTIN DE LIÑAYO. AÑO DE 1752.

EL CONDE DE ALTAMIRA Y SU CURADOR CON DOMINGO DE RIOBO, PABLO DE TUÑAS Y CONSORTES: REIVINDICACION POR EL LUGAR TRECE EN SAN MARTIN DE LIAÑO. AÑO DE 1551 A 1833.

EL FISCAL DE SU MAJESTAD Y EL ALCALDE DE BARCALA CON EL DE APELACIONES DE SANTIAGO SOBRE COMPETENCIA ACERCA DEL CONOCIMIENTO DE LOS AUTOS DISPUTADOS ENTRE JUAN TUÑAS CON JUAN PORTAL SOBRE BIENES. AÑO DE 1829.

LOS VECINOS DE LOS LUGARES DE VILACHÁN DE ARRIBA Y VILACHÁN DE ABAJO Y FRANCISCO DE TUÑAS CON DOMINGO SUÁREZ, SOBRE USO DEL MONTE DE VILACHÁN DO CANLE Y BOUZA COVA. AÑO DE 1797.

Hai mais documentos pero non dispoñemos de un resumo do seu contido.

DOCUMENTOS do ARQUIVO XERAL DE INDIAS:
Non se atoparon documentos co apelido TUÑAS.

DOCUMENTOS do ARQUIVO DA REAL CHANCELERÍA DE VALLADOLID:
Non se atoparon documentos co apelido TUÑAS.

Fontes e Bibliografía : Páginas-Blancas de España, Infobel España 2004 (Guía Telefónica), Telecom de Portugal (apelidos paternos e maternos), Arquivo do Reino de Galicia, Arquivo Xeral de Indias, Arquivo da Real Chancelería de Valladolid, AER (Archivos Españoles en Red), Diccionario Xerais, Diccionario Cumio da Lingua Galega, GEG (Gran Enciclopedia Galega) e outras.
Responder