POTEL
Significado:
Non sei o significado de este termo.
Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica.
Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de Pontevedra atopamos 75 persoas nos concellos de Valga e Pontecesures.
- Provincia de A Coruña atopamos 18 persoas case exclusivamente no concello de Santiago.
So atopamos 1 persoa en Ourense e ningunha persoa na provincia de Lugo.
- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Madrid, Sevilla, Barcelona, Málaga, etc. O total de persoas que atopamos e de 105.
- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en Pontevedra 45 aboados, A Coruña 12, etc. Así ata un total de 62 aboados.
TOPONIMIA:
No se atopa en Galicia.
DOCUMENTOS do A.R.G.:
Non se atoparon documentos.
Fontes: Particular, Infobel España 2004 (Guía Telefónica) y Arquivo do Reino de Galicia.
Autor: Sic-ario
Potel
Potel
O apelido Potel sempre me chamou a atención pola sua rareza. Un Potel famoso, médico (creo) apelidábase Potel Lesquereux, e sempre me pareceu por iso un apelido francés. Creo que esa hipótese é a mais sólida a falta doutra mais simple como sería a existencia dun topónimo entre Valga e Caldas de Reis que parece ser a zona orixinaria desa liñaxe. A razón pola que penso que se debe recorrer á hipótese francesa é a relativa abundancia de Potel no país viciño con especial concentración no Noroeste entre París e a Normandía e Calais, incluso a Bretaña. Na páxina de xenealoxía de wanadoo.fr infórmase de 3373 portadores do apelido desde 1895. Por esa razón creo que haberá que procurar algún francés no pasado que deitou a semente que producíu os Potel galegos.
Francisco Potel Pardal
Naceu en Xanza (Valga) en 1887 e morreu en 1939. Foi párroco de Santa María de Lestedo (Boqueixón). Durante a súa estancia como crego na parroquia boqueixanesa escribiu varios poemas referentes á comarca.
http://es.geocities.com/valdoulla/persoas.htm
Naceu en Xanza (Valga) en 1887 e morreu en 1939. Foi párroco de Santa María de Lestedo (Boqueixón). Durante a súa estancia como crego na parroquia boqueixanesa escribiu varios poemas referentes á comarca.
http://es.geocities.com/valdoulla/persoas.htm





