Mato / Matos

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mato / Matos

Mensaje por Milleiro »

MATO / MATOS

TOPONIMIA MATO
ALLARIZ (Ourense) Allariz (Santiago) Mato, O
ARANGA (A Coruña) San Vicente de Fervenzas (San Vicente) Mato, O
ARBO (Pontevedra) Mourentán (San Cristovo) Mato, O
BARREIROS (Lugo) Cabarcos (San Xulián) Matomaior
BEGONTE (Lugo) Saavedra (Santa María) Mato, O
BERGONDO (A Coruña) Ouces (San Xoán) Mato, O
BOQUEIXÓN (A Coruña) Oural (Santa María) Mato, O
BRIÓN (A Coruña) Luaña (San Xulián) Mato
CALDAS DE REIS (Pontevedra) Saiar (Santo Estevo) Casal do Mato
CARBALLEDO (Lugo) Marzás (Santa María) Mato, O
CARRAL (A Coruña) Cañás (Santa Baia) Mato Grande
CARTELLE (Ourense) Vilar de Vacas (Santa María) Mato, O
CASTRO DE REI (Lugo) San Xiao de Mos (San Xiao) Mato, O
CASTRO DE REI (Lugo) Triabá (San Pedro) Matodoso, O
CELANOVA (Ourense) Mourillós (San Pedro) Mato, O
CENLLE (Ourense) Esposende (Santa Mariña) Casar do Mato
CESURAS (A Coruña) Carres (San Vicenzo) Mato, O
CHANTADA (Lugo) Santiago de Arriba (Santiago) Vilar do Mato
CHANTADA (Lugo) Vilaúxe (San Salvador) Vilar do Mato
COSPEITO (Lugo) Pino (San Martiño) Mato, O
COSPEITO (Lugo) Xermar (Santa María) Matocovo
CUNTIS (Pontevedra) Cequeril (Santa María) Mato
CUNTIS (Pontevedra) Cequeril (Santa María) Vilar de Mato
ESTRADA, A (Pontevedra) Berres (San Vicenzo) Mato
GUITIRIZ (Lugo) Vilares, Os (San Vicenzo) Mato, O
LALÍN (Pontevedra) Cercio (Santiago) Mato
LALÍN (Pontevedra) Cristimil (San Xurxo) Mato
LALÍN (Pontevedra) Méixome (Santiago) Mato
LÁNCARA (Lugo) Muro (San Xoán) Mato, O
LARACHA, A (A Coruña) Coiro (San Xián) Matosa, A
LOBIOS (Ourense) Grou (San Mamede) Casardomato
MASIDE (Ourense) Rañestres (San Mamede) Mato, O
MELIDE (A Coruña) Barreiro, O (San Mamede) Mato, O
MESÍA (A Coruña) Olas (San Lourenzo) Mato de Abaixo
MESÍA (A Coruña) Olas (San Lourenzo) Mato de Arriba
MONDARIZ (Pontevedra) Lougares (San Fiz) Santa Baia do Mato
MONFORTE DE LEMOS (Lugo) Chao do Fabeiro, O (San Ramón) Mato, O
MONFORTE DE LEMOS (Lugo) Nocedas, As (Santo Estevo) Mato, O
MONFORTE DE LEMOS (Lugo) Ribas Altas (San Pedro) Mato, O
MONFORTE DE LEMOS (Lugo) Santa Mariña do Monte (Santa Mariña) Mato, O
MONFORTE DE LEMOS (Lugo) Seoane (San Salvador) Mato, O
MONTEDERRAMO (Ourense) Covas (San Xoán) Casar do Mato
NEGREIRA (A Coruña) Bugallido (San Pedro) Casal do Mato
NEVES, AS (Pontevedra) Batalláns (Santa Eulalia) Casal do Mato
NOIA (A Coruña) Roo (Santa María) Mato, O
OIA (Pontevedra) Pedornes (San Mamede) Mato Vello, O
OURENSE (Ourense) Arrabaldo (Santa Cruz) Casar do Mato
OUTEIRO DE REI (Lugo) Caboi (San Martiño) Mato, O
OZA DOS RÍOS (A Coruña) Rodeiro (Santa María) Corte do Mato, A
PADRENDA (Ourense) Padrenda (San Cibrán) Mato, O
PALAS DE REI (Lugo) Mato, O (San Xoán) Mato, O
PANTÓN (Lugo) Castillón (Santiago) Casdomato
PANTÓN (Lugo) Ferreira de Pantón (Santa María) Vila do Mato, A
PANTÓN (Lugo) San Vicente de Castillón (San Vicente) Mato, O
PANTÓN (Lugo) Santalla de Toiriz (Santalla) Mato, O
PANTÓN (Lugo) Santo Estevo do Mato (Santo Estevo) Torre do Mato, A
PANTÓN (Lugo) Serode (San Xulián) Vila do Mato, A
PANTÓN (Lugo) Vilamelle (San Cibrao) Mato, O
PÁRAMO, O (Lugo) Friolfe (San Xoán) Mato
POBRA DE TRIVES, A (Ourense) Piñeiro (San Sebastián) Mato, O
POIO (Pontevedra) Poio (San Salvador) Mato, O
PONTECESO (A Coruña) Cospindo (San Tirso) Mato tras do Souto
REDONDELA (Pontevedra) Ventosela (San Martiño) Vilar do Mato, O
RIBAS DE SIL (Lugo) Ribas de Sil (San Clodio) Vilar do Mato
RODEIRO (Pontevedra) Riobó (San Miguel) Campo do Mato
SAN AMARO (Ourense) Beariz (San Martiño) Casar do Mato
SANTA COMBA (A Coruña) Cícere (San Pedro) Mato, O
SANTA COMBA (A Coruña) Santa Sabiña (San Xulián) Mato, O
SANXENXO (Pontevedra) Noalla (Santo Estevo) Salgueiro do Mato
SARRIA (Lugo) Mato, O (San Salvador) Mato, O
SAVIÑAO, O (Lugo) Mourelos (San Xulián) Mato, O
SOBER (Lugo) Canaval (San Pedro) Sistín do Mato
SOBRADO (A Coruña) Roade (Santo André) Mato, O
TEIXEIRA, A (Ourense) Cristosende (Santa María) Casar do Mato
TEO (A Coruña) Rarís (San Miguel) Rial do Mato
TRAZO (A Coruña) Restande (Santa María) Casal do Mato
VIGO (Pontevedra) Oia (San Miguel) Matoca, A
XUNQUEIRA DE ESPADANEDO (Ourense) Xunqueira de Espadanedo (Santa María) Mato, O

TOPONIMIA MATOS
TOMIÑO (Pontevedra) Forcadela (San Pedro) Vilar de Matos
TOMIÑO (Pontevedra) Tomiño (Santa María) Vilar de Matos


DISTRIBUCIÓN NO PAÍS GALEGO
Coa grafía Mato
Provincia da Coruña: 564 abonados
Provincia de Lugo: 68 abonados
Provincia de Ourense: 29 abonados
Provincia de Pontevedra: 152 abonados

Coa grafía Matos
Provincia da Coruña: 109 abonados
Provincia de Lugo: 6 abonados
Provincia de Ourense: 2 abonados
Provincia de Pontevedra: 64 abonados


LIÑAXE E PEDRAS ARMEIRAS
A GEG cita unha coa grafía Matos, que tivo casa solarenga na cidade de Pontevedra. Unha galla pasou ás Illas Canarias. Probou nobreza na Orde Militar de Santiago no 1655. Foran os seus brasóns:
1. De goles, un piñeiro, de sinople, arrancado de prata, e dous leons, de ouro, armados de azur, empinados ao seu tronco.
2. De ouro, un lobo andante, de sable, e en punta duas matas ou cespedes, de sinople.
3. De sinople, unha cruz chá, de prata, cantonada de 4 cunchas, de ouro.
Para a GEG a grafía Mato é de orixe castelá, mais é evidente que os Mato que hai en Galiza toman o nome dalgúns lugares chamados así espallados por toda a xeografía nacional galega. (Cadenas e Vicent "Repertorio de Blasones de la Comunidad Hispánica")

OPINIÓN PERSOAL
Tanto a grafía Mato como Matos semellan ter orixes netamente galegas, descoñezo si entre ambas formas hai relación aparente. A grafía Mato ten varias orixes diferentes en Galiza posto que é un apelido toponímico.
Responder