Ulloa

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Avatar de Usuario
freire
Mozo
Mozo
Mensajes: 14
Registrado: 17 May 2002, 09:00
Ubicación: A Coruña
Contactar:

Ulloa

Mensaje por freire »

[Apelido] certamente toponímico. Provén da Ulloa, terra de nacemento e primeira vida do Ulla, río grande e famoso que seica anda nas táboas de Ptolomeu case co nome actual: Ouia. Coñéceuse en latín como Via/Uia, aínda que o étimo real debeu de ser Ulia, como suxire Moralejo. Logo da Ulloa dos iniciais acuíferos –cun claro diminutivo -ola- que dá -oa– sobrevén o curso pleno do río, que é Ulla e extende o seu nome á bisbarra, en feminino sempre.

[...]En Galicia Ulla, Ulloa, Ulló, Ulleira, son nomes nos que seguramente sobrevive unha idea prerrománica relacionada coa auga. Iso si, no léxico galego existen como nomes comúns illó, ulló, ulloa co sentido de “lugares alagados”

Fonte: X.L. Méndez Ferrín. Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos. El Sábado. Faro de Vigo 9/7/2005
Responder