Outro apelido da antiga provincia de Mondoñedo: DE VILARQUIDE.
Actualmente consérvase na súa forma semicastelanizada "Villarquide".
Na busca telefónica só aparece en Galiza: na provincia da Coruña (A Coruña: 9, Pontedeume: 1, Cambre: 1) e na Mariña mindoniense (Cervo: 5, Burela: 5, Viveiro: 4, Xove: 1).
DOCUMENTOS:
ARQUIVO DA REAL CHANCELERÍA DE VALLADOLID:
Preito de fidalguía de Juan Álvarez Becerra Villarquide y Monasterio, veciño de Barciapérez, concello de Baleira. 1779
Supoño que provirá do lugar de Vilarquide, na parroquia de Galegos no concello de Riotorto.




