Mo

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mo

Mensaje por Milleiro »

MO

TOPONIMIA
Aldeas con este nome nas freguesias de Cumiar (Ponteareas), Rubios (As Neves) e Matamá (Vigo)

DISTRIBUCIÓN NO PAÍS GALEGO
Provincia da Coruña: 0 abonados
Provincia de Lugo: 0 abonados
Provincia de Ourense: 0 abonados
Provincia de Pontevedra: 14 abonados en Ponteareas (7), Salvaterra de Miño (1), Baiona (2), Vigo (2), Redondela (1) e As Neves (1)
Portugal: 60 abonados tanto coa grafía Mo como Mó, neste país existen lugares chamados Mó. A grafia Mo correspondese á Região Norte, 25 abonados, localizados nos concelhos de Esposende e Portela

LIÑAXE E PEDRAS ARMEIRAS
Non teño constancia

OPINIÓN PERSOAL
Tratase, presumibelmente, dun apelido galego de natureza toponímica. Descoñezo si existen varias orixes na Galiza e si os portugueses proceden da nosa terra.
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Mo

Mensaje por maviac »

Ainda que teña pasado tanto tempo e que o apreciado Milleiro estea ausente desta páxina (oxalá que non por moito tempo), sobre este apelido, que parece ter unha orixe toponímica podese agregar que Mo é a maneira que no Morrazo e supoño que tamén en todo o sul de Pontevedra se lle chama á moa do muiño. Así denominación do obxecto, topónimo e apelido poden estar ben relacionados, tendo en conta concentración en Ponteareas.
Responder