Outro apelido da Galiza exterior. Como é habitual, actualmente xa perdeu a preposición que denota a súa orixe xeográfica. Consérvase desde hai moito tempo na parroquia de Rúa, no concello de Cervo. Téñoo visto escrito con "b" tamén.
Segundo Infobel hai aboados telefónicos en Rúa(2), e no concello asturiano de Castropol, 1 na parroquia de Presno, e outro na parroquia de Moldes.
Supoño que a súa orixe virá do lugar de Trevé, na parroquia de Rozadas, no concello de Boal.
Só atopei unha referencia documental no ARQUIVO DA REAL CHANCELERÍA DE VALLADOLID:
Preito de fidalguía de Juan García Trebe, veciño de Santa María de Rúa, xurisdición de San Cipriano de Burela (Lugo). 1826