Manuel del Río, libro sobre el Ferrocarril Betanzos-Ferrol
Publicado: 27 Dic 2013, 18:02
"Manuel del Río recupera a historia da chegada do tren a Ferrol hai un século"
http://www.diariodeferrol.com/articulo/ ... 69529.html“Este é un proxecto de case tres anos de duración no que hai moita investigación, documentación gráfica e numerosas curiosidades sobre a chegada do tren a Ferrol hai un século”. Así falaba onte Manuel del Río, presidente da Asociación Ferrolterra de Amigos del Ferrocarril (AFAF) e autor de “El Ferrocarril Betanzos-Ferrol. Centenario del primer ferrocarril construido por el Estado”, un traballo editado pola Deputación da Coruña que se presentou onte na Galería Sargadelos na que o autor estivo acompañado polo historiador Enrique Barrera.
Del Río salientou que o volume “inclúe toda canta documentación atopei desde os primeiros proxectos sobre a construción do ferrocarril en 1864 ata a súa chegada definitiva en 1913 e incluso algúns anos despois”.