Casa de San Sadurniño (Moeche)

Investigación de xenealoxías
Responder
Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Casa de San Sadurniño (Moeche)

Mensaje por lamigueiro »

hola a todos,



Quixera que alguen buscara na súa bibliografía e me aportara datos sobor da descendencia dos Marqueses de San Sadurniño a partir de Nuño Freire de Andrade fillo de Fernan Perez de Andrade e Ines de Castro e Lanzos, activos en 1508.



Estou interesado sobor de todo, en coñecer o entronque con a casa de Baltar e a casa de Lago.



Rafael Usero nun artigo que escribio case fai 12 anos na Voz, fala de unha Catalina de Andrade, irma do señor de San Sadurniño, sin decir cal que casou con Fernando de Lago e foron pais de Ares Pardo de Lago. Decía a continuación que é un dos antepasados da casa de Baltar.



Moitas gracias a quen me poida axudar.
Lamigueiro ©
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Casa de San Sadurniño en Moeche

Mensaje por Milleiro »

Ola Lamigueiro,

A Enciclopédia Galega ten breves biografias de:

- NUNO FREIRE DE ANDRADE, NUÑO I. Fillo de Rui Freire de Andrade e irmán de Fernán PÉREZ de Andrade "O BÓ". Fixo testamento o 4 de Xuño de 1362.

- NUNO FREIRE DE ANDRADE, NUÑO II "O MAO". Fillo de Pedro Fernández de Andrade.

Polo que vexo, nengún deles é o Nuno que procuras.

Unha aperta agarimosa.

Xavier
Anonymous

Casa de San Sadurniño en Moeche

Mensaje por Anonymous »

Eu pódocho buscar.Sei onde cho atopar.Mais terá que ser de segunda en diante.
Anonymous

Casa de San Sadurniño en Moeche

Mensaje por Anonymous »

Esquecinme de firmar.Son eu.Breo.
Avatar de Usuario
freire
Mozo
Mozo
Mensajes: 14
Registrado: 17 May 2002, 09:00
Ubicación: A Coruña
Contactar:

Casa de San Sadurniño en Moeche

Mensaje por freire »

Na web do Concello de Narón, na información sobre O Val tes o seguinte:

"O poder e riqueza dos principias linaxes de O Val no século XVI pódese apreciar na magnífica capela de Santa Margarida (2) edificada polos anos 1530-1540 por D. Fernando de Andrade e a súa dona Inés de Castro de Lanzós"

"O Pazo de Baltar (10) coa mesma arquitectura avala a riqueza dos fidalgos como contrapunto da pobreza xeral dos seus vasalos.

Atribúese a construcción do Pazo a Ares Pardo au a seu fillo D. Juan Pardo de Lago e Andrade, a partir do segundo tercio do S. XVI, quen é considerado o primeiro señor de Baltar.


Mediante boda duna das herdeíras do fundador da dinastía, Dna. Josefa Cayetana Pardo de Lago Andrade e Moscoso, pasa a depender dos marqueses de San Sadurniño, que fixaron a súa referencia en Baltar, onde tiveron escravos negros."

"A derradeira marquesa de San Sadurniño, morrendo sen descendencia donou o Pazo deBaltar a orde do Sagrado Corazón de María. Estes o derrubaron e construíron un mosteiro novo en 1914 sobre os seus alicerces."

Saudos,

Roberto


 
Avatar de Usuario
veremudus
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 241
Registrado: 23 Oct 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Mensaje por veremudus »

A ver, Lamigueiro:
Que eu saiba non hai ningún Nuño Freire de Andrade fillo de Fernando de Andrade e de Inés de Castro e Lanzós. O seu fillo ¿primoxénito? e herdeiro foi Xoán Freire de Andrade e Lanzós, II señor de San Sadurniño; as sepulturas destos tres persoeiros e heráldica atopará-la na actual igrexa de San Sadurniño. Si ben, é certo que Catalina de Andrade, irmá de Xoán Freire de Andrade e filla por tanto de Fernando de Andrade e de Inés de Castro e Lanzós, foi muller de Ares Pardo de Lago, I señores do Pazo e xurisdicción de Baltar hacia mediados do s. XVI.
- Sobre Fernando de Andrade, I Señor de San Sadurniño, polo de agora non che podo dar moitos datos, salvo que xa estaba "activo" a finais do século XV. Non podo, nin debo, sin embargo, asegurar nada sobre a súa ascendencia porque o publicado por Crespo del Pozo ou por Martínez Barbeito non coinciden en cronoloxía cos persoeiros dos que o fan derivar; aparte de que os citados autores non amosan probas documentais ou escritas (simplemente) sobre o que apuntan. En canto á súa muller, Inés de Castro e Lanzós, si pódoche asegurar (documentalmente) que foi filla de Alonso de Lanzós, famoso caudillo da 2ª. Revolta Irmandiña, e de María Bermúdez de Castro, descendente da casa dos Bermúdez de Montaos (Ordes).
- Por certo, o matrimonio Fernando de Andrade & Inés de Castro e Lanzós non está "activos" dende 1508, senón desde moito antes. Mira, senón, o testamento de Garci López de Sedes no libro de E. Cal Pardo: El monasterio ... de Pedroso ....
- Un saúdo dende Ferrol.
Avatar de Usuario
veremudus
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 241
Registrado: 23 Oct 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Mensaje por veremudus »

- O MARQUESADO DE SAN SADURNIÑO, co VIZCONDADO PREVIO DE CERDIDO, concedeuno o rei D. Carlos II por R. C. de 21-12-1688 a D. Pedro Álvarez de Reinoso e Argiz, rexedor perpetuo e alguacil maior da cidade de Ourense, c.c. Dª. Francisca Ventura Pardo de Andrade e Figueroa, señora do morgado de San Sadurniño e anexos.
- A anexión da Casa e couto de BALTAR (O Val, Narón) ó morgado de San Sadurniño, prodúcese co matrimonio entre D. Xosé Xacinto de Quindós e Pardo de Andrade, Marqués de San Sadurniño, e Dª. Xosefa Caetana Pardo de Andrade e Moscoso, Señora de Baltar. Estos señores outorgan o seu testamento conxunto no a. 1747.
- D. Xosé Xacinto Quindós, arriba aludido, era fillo de D. Álvaro de Quindós e Dª. María Rosa Álvarez de Reinoso e Pardo de Andrade. Neto por parte materna dos I Marqueses de San Sadurniño, arriba citados, por onde recibiu o título.
- Para rematar, en relación co anterior transcribo parte dun documento que se atopa no Arquivo Municipal de Ferrol:

* AMF: Caixa 753, Expte. do ano 1803.
- "Don Josef Xavier Quindòs y Pardo Alvarez de Reynoso y Andrade, Marques de San Saturnino, Vizconde de Cerdido, Regidor perpetuo, Alguacil mayor y Fiscal de la ciudad de Orense: Ante v.m. como mas lugar haya, digo: Que yo soy y quedè por hijo mayor y primogenito de don Josef Jacinto Quindòs y doña Caietana Pardo y Moscoso, nieto con la misma legitimidad de don Alvaro de Quindòs y doña Maria Rosa Alvarez de Reinoso, viznieto de don Pedro Alvarez de Reynoso y doña Francisca Bentura Pardo de Andrade, primeros Marqueses de San Saturnino (...), como Dueño y poseedor del antiguo Palacio de Santa Maria Mayor de San Saturnino, en esta Diocesis de Mondoñedo, y su mayorazgo sin la mas leve cosa en contrario, al qual es anexo y corresponde de tiempo inmemorial el derecho y posesion de la jurisdicion y merindad que se denomina con el mismo nombre del Marquesado, a la que tambien son agregados los cinco cotos de Pedroso, Sedes, Cavalar, Somozas y San Juan de Baltar, nombrando Merino y Jueces Ordinarios respectivos y un Escribano de Numero para la propia merindad y citados cinco cotos (...)".

- Por certo, o que non sei é qué quere dicir o título que encabeza este foro: "CASA DE SAN SADURNIÑO EN MOECHE". Xa que San Sadurniño nada ten que ver con Moeche. ¿...?.
Avatar de Usuario
veremudus
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 241
Registrado: 23 Oct 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Ascendencia de Dª. Catalina de Andrade

Mensaje por veremudus »

- Ola a tod@s:
- Andiven revisando mensaxes e comentarios vellos, e atopeime cun erro que deslicei, inconscientemente, como foi o de atribuir a paternidade de CATALINA DE ANDRADE, muller de ARES PARDO DE LAGO, a Fernando de Andrade e a Inés de Castro e Lanzós.
- Rectifico agora, por tanto:
* Dª. CATALINA DE ANDRADE, muller de ARES PARDO DE LAGO, foi unha das fillas do matrimonio entre XOÁN FREIRE DE ANDRADE E LANZÓS, II señor de San Sadurniño, con Dª. MARÍA DE VALCARCEL.
Responder