Rosa Tedín | Ourense
A cidade e a provincia de Ourense teñen entre un dos seus principais eixes de promoción turística a auga e moi especialmente a súa oferta de instalacións como termas e balnearios. Para indagar nos albores do turismo de balnearios, o docente Julio Prada e a investigadora Mª Concepción Álvarez, da Facultade de Historia do campus de Ourense, veñen de realizar un estudo sobre a evolución histórica destes enclaves e sobre o seu papel como centros de sociabilidade ao longo da Idade Contemporánea, concretamente durante os séculos XIX e o XX, entre a Restauración e a Guerra Civil.
Segundo explica Julio Prada, na Área de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo, tendo en conta a relevancia da temática e o feito de que se trata “dun campo moi interesante pero pouco estudado”, decidiron abrir unha ampla liña de investigación arredor da historia dos balnearios na provincia de Ourense, como son os de Cortegada, Caldeliñas, Cabreiroá, Pazos, Prexigueiro e O Carballiño. [...]
http://duvi.uvigo.es/index.php?option=c ... &Itemid=10
Nos albores do turismo de balnearios en Ourense
Nos albores do turismo de balnearios en Ourense
Poblada soledad es hoy el mundo.




