Página 1 de 1
Presentación do Epistolario Luís Seoane
Publicado: 24 Ene 2014, 13:49
por serba

A Fundación Seoane (A Coruña) acolle o acto de presentación do epistolario de Luís Seoane. É unha iniciativa levada a cabo polo Consello da Cultura Galega e a Fundación Luís Seoane para representar e facer accesible e comprensible a ampla colección de correspondencia mantida polo artista galego.
Mércores, 29 de xaneiro ás 20:00 h. Fundación Luís Seoane. A Coruña
http://www.consellodacultura.org/evento.php?id=200165
Presentación do Epistolario Luís Seoane
Publicado: 28 Ene 2014, 09:49
por serba
Presentación do Epistolario Luís Seoane
Publicado: 31 Ene 2014, 08:10
por serba
Villares reinvidica ao Seoane que "conectou as dúas Galicias" na presentación do seu Epistolario dixital
http://www.consellodacultura.org/noticia.php?id=3535
O CCG abre as cartas de Luís Seoane
Publicado: 03 Feb 2014, 08:07
por serba
"O CCG abre as cartas de Luís Seoane"
Son 1600 misivas do inmenso epistolario de Luís Seoane as que o Consello da Cultura Galega fai públicas a través do primeiro dos epistolarios publicados na rede. Seguirán no proxecto as cartas de
Paz Andrade,
Silvio Santiago,
Lois Tobío ou
Manuel Puente.
http://www.sermosgaliza.com/articulo/cu ... ml#votar-5
A dobre viaxe transatlántica da biblioteca de arte de Luís Seoane
Publicado: 01 Jun 2016, 11:46
por serba
A dobre viaxe transatlántica da biblioteca de arte de Luís Seoane
Tal día coma hoxe, o 1 de xuño de 1910, nacía en Buenos Aires Luís Seoane no seo dunha familia galega emigrante que regresaría á terra de orixe en 1916. O artista e escritor, un dos intelectuais do século XX que máis contribuíu á renovación e dignificación da nosa arte, volveu instalarse en Arxentina en 1936 fuxindo da guerra civil. Tras os anos do exilio, Seoane pasou a derradeira etapa da vida en Galicia. Pero a súa biblioteca de arte persoal ficou á outra beira do océano Atlántico.
En 1980 a Real Academia Galega recibiu este fondo bibliográfico cumprindo o seu desexo. A biblioteca é unha das mellores na súa especialidade, cun marcado carácter internacional e composta case integramente por primeiras edicións.
http://academia.gal/inicio/-/asset_publ ... _count%3D4
La Fundación Luis Seoane rinde un homenaje al artista en el 107 aniversario de su nacimiento
Publicado: 30 May 2017, 09:12
por serba
Europa Press
La Fundación Luis Seoane rendirá el jueves un homenaje al artista en el 107 aniversario de su nacimiento, según informa la entidad. Así, bajo el título de 'Episodios dunha vella historia', acogerá un recital-concierto en el que el actor Santiago Fernández y el músico Sergio López interpretarán poemas del artista gallego.
http://www.laopinioncoruna.es/coruna/20 ... 85849.html
http://www.fundacionluisseoane.gal/fund ... luisseoane