Xosé María do Carme Galo Salinas Rodríguez, coñecido como Galo Salinas, foi un dos principais teóricos e dramaturgos na escena teatral galega de finais do século XIX e do primeiro cuarto do século XX.
Nado na Coruña en 1852 e finado na mesma cidade en 1926, a peripecia vital de Galo Salinas garda un certo paralelismo coa de quen foi o seu compañeiro de militancia e, ao mesmo tempo, gran rival artístico: Manuel Lugrís Freire, o autor máis recoñecido nos albores do teatro galego, e que defendía, a diferenza de Galo Salinas, un teatro comprometido e de intervención nos debates do seu tempo. Os dous viviron a experiencia da emigración americana, e incorporáronse, á volta, ao círculo rexionalista organizado na Coruña ao redor da figura de Murguía: a Cova Céltica.
http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2
Galo Salinas e o teatro galego
Galo Salinas e o teatro galego
Poblada soledad es hoy el mundo.




