Página 1 de 1

As xoias galegas do Museo Arqueolóxico Nacional

Publicado: 07 Abr 2014, 17:19
por serba
Máis de trinta pezas galegas gárdanse nesta colección estatal
[...] a semana pasada inaugurouse de novo o Museo Arqueolóxico Nacional (MAN), a principal colección patrimonial do Estado. [...] O MAN atesoura valiosas pezas galegas de distintas épocas das que te presentamos unha escolma.
Puntas de lanza, espadas da Idade do Bronce, torques e xoias galaicas, estatuas romanas, medidas e pesos, esculturas románicas, pezas de cerámica e menaxe son algúns exemplos do patrimonio moble galego que pode ser atopado no Museo Arqueolóxico Nacional, en Madrid, exposto nalgúns casos e noutros non. Esta galería fotográfica permite apreciar algunhas das mellores pezas.
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=24098