Gregorio Ferro Requeixo (1742 - 1812)

Historia de personaxes
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Gregorio Ferro Requeixo (1742 - 1812)

Mensaje por serba »

S. Formoso
"O boqueixanés que competíu co mesmo Goya"
Gregorio Ferro arrebatou ao grande pintor o posto de director xeral da Real Academia de Belas Artes de San Fernando no 1804
Dende a familia máis humilde naceu unha das figuras máis senlleiras do municipio de Boqueixón. A súa traxectoria salienta non só pola calidade das súas obras –encadradas todas dentro desa primeira xeración do Neoclasicismo–, senón tamén por converterse no meirande competidor de Francisco de Goya. Din os expertos que se non fose por esta feroz competencia entre ambos durante a súa estadía na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando non se tería coñecido tanta información sobre este este artista.
Gregorio Ferro Requeixo naceu o 24 de decembro de 1742 (morreu no 1812), á beira do mítico Pico Sacro, na parroquia de Lamas. Segundo se indica no libro de Enrique Fernández e José Manuel B. López sobre o artista, abandonou este lugar sendo moi novo para trasladarse a Santiago de Compostela onde traballaría como mozo de Sacristía no mosteiro de San Martín Pinario.
http://www.elcorreogallego.es/terras-de ... cia-862044
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder