Enrique Peinador Lines, empresario galeguista
Publicado: 08 Abr 2014, 17:09
O dono do Gran Hotel-Balneario de Mondariz desenvolveu, ao longo de toda a súa vida, un activo labor de mecenado de numerosas iniciativas culturais galegas.
Vistas de Mondariz cara a 1920.As propiedades medicinais das augas do manancial de Troncoso, en Mondariz, eran xa coñecidas desde o século XVIII grazas á publicación, en 1772, de Descripción de las 54 fuentes minerales del Reyno de Galicia, do estudosos Pedro Gómez de Bedoya, pero non é ata 1873 cando Enrique Peinador Vela (1847-1917) decide fundar o Gran Hotel-Balneario de Mondariz nesta paraxe, que acadará, andado o tempo, sona mundial como un dos mellores establecementos na súa categoría, e que mereceu mesmo a visita do monarca Alfonso XIII en abril de 1919.
Pero será o seu fillo, Enrique Peinador Lines (1880-1940) -xerente do Gran Hotel a partir de 1907, membro correspondente da Academia, do Partido Galeguista e socio protector do Seminario de Estudos Galegos desde a súa fundación en 1923- o que ha converter Mondariz nun dos principais centros de promoción do activismo galeguista durante o primeiro terzo do século XX e ata a chegada da Guerra Civil.
http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2