Página 1 de 1

Luciano Castro, pintor ferrolán

Publicado: 18 May 2014, 17:14
por serba
Por SIRO
Luciano, nado en 1904, era o cuarto fillo dos nove que tiveran Antonio e Rosa, veciños de Liñares, parroquia de Neda. O pai emigrara a Cuba con once anos, pero tiña saudades da terra e era mozo cumprido cando veu a Liñares, coñeceu a Rosa, namoraron, casaron, encargaron un neno e, sen chegar a coñecelo, volveu a Cuba. Dende entón foi e veu, e en cada viaxe medrou a familia, ata que volveu para quedar e montar unha tenda de ultramariños e unha gran pista de baile, á que acudían mozos e mozas de toda a redonda, incluídos os de Ferrol.
Tamén Luciano quixo ir a Cuba, e foi, con quince anos; pero aos dezasete marchou aos Estados Unidos, disposto a estudiar Belas Artes. Fíxoo en San Francisco, nunha prestixiosa academia onde adquiriu sólida formación. [...]
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/fe ... C16991.htm