Página 1 de 1

Presentación da dixitalización da revista Céltiga

Publicado: 26 Sep 2014, 15:47
por serba
http://consellodacultura.gal/phpThumb/phpThumb.php?src=../mediateca/extras/celtiga.jpg&w=303
O vindeiro martes, 30 de setembro, o Consello da Cultura Galega presentará a dixitalización da Revista Céltiga (Revista Gallega de Arte, Crítica Literatura y Actualidades). Na rolda ofrecerase a explicación da significación e relevancia desta revista editada en Bos Aires, cando se cumpren noventa anos da publicación do seu primeiro número, así como dos traballos necesarios para a súa dixitalización.

Ramón Villares Paz, presidente do Consello da Cultura Galega
María Isabel Casal Reyes, directora da Biblioteca Xeral da USC
Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, director do CSIC
Luis Alonso Girgado, investigador do Centro de Investigacións Ramón Piñeiro
Margarita Ledo, arquiveira-bibliotecaria da Real Academia Galega
Julio Souto, vicepresidente da Fundación Penzol
Pablo Rodríguez, libreiro e contacto coa familia de Eliseo Pulpeiro.
http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200227

O CCG pon na rede a edición completa da revista Céltiga

Publicado: 30 Sep 2014, 15:13
por serba
O Consello da Cultura Galega pon na rede a edición completa da revista Céltiga
Céltiga foi o punto de encontro da intelectualidade galega residente en Arxentina entre 1924 e 1932. Nela publicaron tanto notables intelectuais arxentinos como escritores, periodistas, poetas e artistas galegos de todas as disciplinas. Agora, cando se cumpren noventa anos da publicación do seu primeiro número, o Consello da Cultura Galega promove, en colaboración coa Fundación Penzol, coa Universidade de Santiago, coa Real Academia Galega e co Centro Ramón Piñeiro, Instituto Sarmiento a localización, dixitalización e posta a disposición da cidadanía a través do web institucional a edición completa.
http://consellodacultura.gal/noticia.php?id=3838
Céltiga, a revista - http://consellodacultura.gal/fondos_documentais/celtiga

TVG: Dixitalización da revista "Céltiga"

Publicado: 07 Oct 2014, 12:02
por serba
Dixitalización da revista "Céltiga"
http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-co ... ta-celtiga