Página 1 de 1

A illa de Tambo descobre os seus segredos

Publicado: 13 Oct 2014, 16:24
por serba
Un estudo de campo da Universidade de Vigo atopa abundante vexetación autóctona e os restos de ermidas, peiraos e o vello lazareto
[...] o traballo de campo desenvolvido ao longo de xullo en Tambo por investigadores da Universidade de Vigo permite xa ir desvelando algúns dos ‘segredos’ que agocha a illa. Así, segundo confirma o director da investigación, o profesor do Departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Terrritorio Gonzalo Méndez, a pesares, nunha primeira impresión das visitas á illa, da importante presenza de especies vexetais foráneas, “pervive un interesante e abundante número de especies autóctonas, que permitiría unha progresiva recuperación da área se así se programase. Ademais dos hábitats e especies de interese, a illa conta con algúns elementos construtivos de carácter históricos importantes, destacando polo seu bo estado de conservación a estrutura do lazareto, que funcionou durante o século XIX, antes do seu traslado ás illas de San Simón”. Así informa María del Carmen Echevarría no DUVI da Universidade de Vigo.
En total son nove os investigadores e investigadoras dos departamentos de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio, de Ecoloxía e Bioloxía Animal e Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo da Universidade de Vigo que participan na investigación encargada polo Concello de Poio e o Grupo de Acción Costeira ría de Pontevedra (GAC-6) coa que se pretende coñecer dos valores da illa [...]
Restos da antiga igrexa do lazareto de Tambo.http://www.gciencia.com/wp-content/uploads/2014/09/t3-566x850.jpg http://www.gciencia.com/universidade/il ... s-segredos