"El arte religioso en el Arciprestazgo de Xuvia" -UDC-
Publicado: 23 Oct 2014, 08:44
Tesis doctoral - Universidade da Coruña, Departamento de Humanidades. 2014
Josefina SÁNCHEZ CONS: El arte religioso en el Arciprestazgo de Xuvia
Director: Yzquierdo Perrín, Ramón
ISBN: 978-84-697-1380-8
Josefina SÁNCHEZ CONS: El arte religioso en el Arciprestazgo de Xuvia
Director: Yzquierdo Perrín, Ramón
ISBN: 978-84-697-1380-8
http://hdl.handle.net/2183/12745[Resumo] A presente tese doutoral céntrase no estudo da arte relixiosa, escollendo como unidade básica a división eclesiástica do Arciprestado, aínda que sen desligalo da xeografía nin a historia da zona. O estudo ten por obxectivo analizar e catalogar a arte moble relixiosa do Arciprestado de Xuvia: retablos, escultura, pintura e prataría, principalmente entre os séculos XVI ao XX, aínda que as escasas pezas existentes de datas anteriores tamén se incluíron. O Arciprestado de Xuvia ubícase no noroeste da provincia da Coruña, e pertence á Diocese de Mondoñedo-Ferrol. Comprende un total de trinta e unha igrexas e vinte e cinco capelas distribuídas en trinta parroquias, que abranguen os concellos de Narón, Neda, Valdoviño e San Sadurniño. Partín dunha bibliografía xeral, centrándome no baleirado documental de diversos arquivos, principalmente o Diocesano de Mondoñedo e os fondos parroquiais, así como no traballo de campo, visitando cada unha das igrexas e capelas obxecto deste estudo.