Página 1 de 1
Miguel González Garcés. A Coruña, 1916-1989
Publicado: 10 Dic 2014, 15:03
por serba

MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS (A Coruña, 1916-1989), é unha das voces poéticas máis singulares e senlleiras que deu a cidade da Coruña. Poeta, articulista, dinamizador cultural, a súa figura está vinculada ás de Urbano Lugrís, Antón Avilés de Taramancos ou Manuel Álvarez Torneiro, pero tamén a autores das xeracións posteriores, escritores máis novos cos que sempre mantivo unha relación de interese e de amizade.
Foi director da Biblioteca Pública do Estado na Coruña -hoxe de xestión compartida coa Xunta de Galicia- que leva seu nome, como o leva a rúa na que está situada. Historiador e cronista da Coruña, foi o presidente da Asociación Cultural Iberoamericana.
Autor dunha ampla obra, escrita en castelán primeiro e en galego a partir da década dos sesenta, a súa é unha literatura dos sentidos, da alegría de vivir, do cotián, na que a cidade está sempre presente.
http://axendaaelg.blogaliza.org/2014/12 ... lez-garces
Miguel González Garcés. A Coruña, 1916-1989
Publicado: 15 Ene 2016, 17:56
por serba
O 12 de xaneiro de 1916, nacía na Coruña
Miguel González Garcés. Como moitos poetas da súa xeración, a de 1936, foi primeiro creador bilingüe, pero a partir de finais dos anos 60 pasaría a producir todos os seus versos en galego. Director da biblioteca pública do Estado herculina durante catro décadas, foi membro correspondente da Real Academia Galega desde 1957, dirixiu a revista Nordés na súa primeira etapa e foi un dos impulsores de Atlántida. González Garcés desenvolveu tamén un importante labor como articulista, crítico e investigador da historia da Coruña.
http://academia.gal/novas/-/asset_publi ... _count%3D4
Miguel González Garcés. A Coruña, 1916-1989
Publicado: 31 Mar 2016, 16:05
por serba
A exposición ‘Miguel González Garcés: Vida e Obra’ recupera o labor do intelectual coruñés no centenario do seu nacemento
A Biblioteca Pública da Coruña que leva o seu nome ofrece unha ampla visión da traxectoria do escritor, historiador e bibliotecario a través de 258 pezas, entre libros, caricaturas, pranchas de gravados, revistas, carteis e fotografías
http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/ ... al-corunes