Página 1 de 1
O último canteiro da saga dos Carboeira (José Seoane)
Publicado: 30 Ene 2015, 16:15
por serba
Cristina Arias / El Progreso
As súas mans levan a dureza da pedra e a experiencia dunha dinastía de artistas da parroquia vilalbesa de Román.
José Seoane é o último canteiro da saga dos Carboeira, «os principais artífices da maior parte dos cruceiros da Terra Chá», tal e como explica o historiador
Fernando Arribas, que xunto a
José Manuel Blanco, recompilou nun traballo gran parte da obra dunha estirpe que desaparecerá tras séculos de historia.
José Seoane, o último canteiro.
http://elprogreso.galiciae.com/nova/388 ... -carboeira
[A Carboeira, Román (Santalla), Vilalba]
O último canteiro da saga dos Carboeira (José Seoane)
Publicado: 09 Feb 2015, 17:15
por serba
Galicia Noticias Mediodía
En Galicia hai diversos oficios tradicionais a piques de desaparecer. Un deles é o de canteiro.
En Vilalba atopamos o último dunha familia de canteiros que elaboraron de xeito artesanal a maior parte dos cruceiros da Terra Chá.
José Seoane pertence á quinta xeración dunha importante familia de canteiros, a dos Carboeira, no concello lugués de Vilalba.
Criouse escoitando o son da maceta e o punteiro sobre a pedra, e el tamén quixo seguir co oficio familiar.
Agora aos seus 68 anos, José está xubilado malia que continúa facendo como afección diversos cruceiros.
A mecanización dos traballos fixo que a profesión do canteiro tradicional fose esquecéndose e sen remuda xeracional e el figura como o último canteiro da saga.
Con todo, pese á falta de substitución, o traballo dos Carboeira sobrevivirá a través das súas innumerables obras. Ao bisavó de José atribúeselle a ponte vella de Martiñán e a maior parte dos impresionantes nichos de cemiterios como o de Goiriz son obras desta familia que durante anos deu forma á pedra con esmero e dedicación.
http://www.crtvg.es/informativos/xose-s ... ba-1006216