30º aniversario da primeira sentenza en galego

Noticias de historia familiar
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

30º aniversario da primeira sentenza en galego

Mensaje por serba »

A Xunta conmemora, xunto coa Asociación de Funcionarios pola Normalización e a Irmandade Xurídica, o 30º aniversario da primeira sentenza en galego
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... dade[quote]Galicia Confidencial | Santiago

Ditouna o 27 de marzo de 1985 a Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Territorial da Coruña e supuxo un fito histórico na normalización da lingua galega no ámbito xurídico.

Hai trinta anos a Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Territorial da Coruña –integrada polos maxistrados Ricardo Leirós Freire, Claudio Movilla Álvarez e Gonzalo de la Huerga Fidalgo- ditaba a primeira sentenza en lingua galega (a núm. 248), un fito histórico para a normalización lingüística xa que non se coñece outro instrumento xurídico escrito na lingua propia de Galicia desde o ano 1532, no que se data un documento relativo ao foro do Mosteiro de San Clodio.

http://www.galiciaconfidencial.com/nova ... nza-galego[/quote]
O vindeiro 11 de abril celebrarase na localidade de Castro Caldelas unha homenaxe ao maxistrado caldelao Claudio Movilla Álvarez, que asinou a primeira sentenza en galego da historia, da que o vindeiro luns 23 de marzo cúmprense 30 anos.

Aínda que, segundo sinala a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, "aínda se está perfilando o programa xunto coa familia de Movilla e a Irmandade Xurídica Galega, está previsto que ás 12,30 horas se descubra unha placa na casa natal do maxistrado, onde viven a súa irmá e as súas sobriñas. Media hora máis tarde, ás 13,00 horas, no salón nobre do Castelo, darase paso á firma dunha declaración de varios alcaldes, comprometéndose coa utilización da lingua galega, tanto a nivel xurídico como administrativo.

A rexidora do municipio lembra que Castro Caldelas foi pioneira no uso do galego, xa que o foro do burgo de Caldelas, outorgado por Alfonso IX de León, asinouse no ano 1228 nesta lingua.

http://www.laregion.es/articulo/ourense ... 32008.html
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

30º aniversario da primeira sentenza en galego

Mensaje por serba »

Castro Caldelas converteuse onte na capital das "Raíces da lingua" con motivo dos actos conmemorativos do trixésimo aniversario da primeira sentenza ditada en lingua galega despois de cincocentos anos de proscrición nos usos xurídicos e xudiciais, trala prohibición dos Reis Católicos do uso do galego nas audiencias. "O 27 de marzo de 1985 a Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Territorial, integrada polos maxistrados Ricardo Leirós, Gonzalo de la Huerga e Claudio Movilla, veciño desta terra, inauguraron coa súa sentenza o rexurdimento lingüístico do galego nas actividades xudiciais", subliñaba Xosé González Martínez, secretario da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística, que lembrou como Castro Caldelas foi clave tamén noutro fito na historia da lingua galega cando "no ano 1228, o rei Alfonso IX dicta o Foral do Burgo da vila, o primeiro documento recoñecible integramente en galego".

http://www.laregion.es/articulo/a-limia ... 36815.html
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder