Página 1 de 1

Luís Tizón e a Casa Grande de Eiras

Publicado: 10 Jun 2015, 17:59
por serba
O 24 de agosto de 1920, día de San Bertomeu e festa na parroquia, saía para Cuba un veciño de Eiras, Luís Tizón, que nunca voltará á súa terra. A Danza dos Millóns, o éxito de moitos dos que marcharan anteriormente e a miseria animaron a este veciño da Casa Grande de Eiras a emigrar. Alí, en Cuba, formou a súa familia e, andando o tempo, o escritor cubano Emilio Comas Paret, casado cunha filla de Luís, conseguirá debullar a historia vital do vello nunha noveliña titulada Da vendima á Zafra. Crónica dun emigrante galego en Cuba. Unha historia curiosa e persoal, pero paralela á de moitos emigrantes anónimos da terra, especialmente daqueles que, por circunstancias da vida, se viron impedidos a voltar.

http://www.blogoteca.com/lambrica/index.php?cod=135277